Facebook Twitter Google +1     Admin

Os parquistas carrilexos súmanse ás novas tecnoloxías

20080601095742-p007genn01-1.jpg

 

A Agrupación de Parquistas de Carril súmase ao mundo das novas tecnoloxías coa posta en funcionamento dun blog ao que poden acceder todos os que o desexen para consultar as novidades do marisqueo carrilexo de pura cepa.

A partir de xa os parquistas de Carril poden complementar o seu traballo na seca coa interrelación directa cos novos medios de comunicación. Dende hai unhas semanas, e co afán de perdurar no tempo, puxeron en marcha un blog para informar aos socios e escoitar ao mesmo tempo as demandas que estes queiran realizar. Cun ordenador persoal e a través dun click na dirección agrupocarril.blogia.com, os parquistas poden sumerxirse nas últimas novidades da agrupación e tamén acceder ás noticias que os distintos medios de comunicación publican sobre eles, que non son poucas.

A interactividade é un dos elementos presentes nesta nova iniciativa da Agrupación liderada por José Luis Villanueva e, porén, os usuarios teñen a posibilidade de comentar cada un dos “post” que aparecen periodicamente nas pantallas daqueles que deciden sumerxirse de cheo nesta iniciativa.

O certo é que, a día de hoxe, son moi poucas as asociacións vencelladas ao mundo do mar que botasen man deste tipo de iniciativas de vangarda, sobre todo se non están vinculadas directamente a unha entidade administrativa superior, como pode ser a páxina do Consello Regulador do Mexillón. A posta en marcha deste portal web por parte dos propietarios dos viveiros carrilexos é unha boa forma de fomentar o coñecemento do propio colectivo non só entre a poboación de Carril, senón tamén máis aló das fronteiras que, probablemente, descoñecerán o funcionamento dos parques de cultivo e as xestións que se realizan dos mesmos.

A páxina ofrece a posibilidade de acceder a un arquivo ordenado de noticias dos dous últimos meses e tamén posúe enlaces directos con páxinas do sector como a Feira Internacional de Acuicultura (ACUI 2008) ou a Consellería de Pesca. Do que non cabe dúbida é que a posta en marcha deste tipo de iniciativas supón un paso adiante cara o futuro.

De momento non se ten coñecemento da posta en marcha de ideas vencelladas directamente coa tecnoloxía web, pero dado os avances que os parquistas están realizando non se descarta que dentro duns meses nos sorprendan coa posta en funcionamento de wi-fi, ou incluso wimax, nos propios parques. Un bo modo de conciliar o traballo co ocio. Ao tempo.

Fuente: Diario de Arousa

01/06/2008 09:58 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.

(opcional)