Facebook Twitter Google +1     Admin

Os parquistas de Carril apostan pola mellora da produtividade e calidade dos viveiros

20110520100708-1.jpg

A Agrupación de Parquistas de Carril celebrou na tarde de onte no Auditorio Municipal de Vilagarcía a súa asemblea xeral, unha cita na que se analizaron diversos proxectos de importancia para este sector, así coma perspectivas e retos de futuros, e outras cuestións máis vencelladas coa organización interna.

Os parquistas, con 1.200 viveiros e xerando emprego para 600 familias, son un dos puntuais económicos desta área da comarca arousá. De aí que nas asembleas dos socios desta agrupación carrilexa se debatan cuestións que afectan de xeito importante a esta localidade do municipio vilagarcián.

 

Revisión e reordenación > Un dos temas que levan anos agardando os parquistas é o da finalización do proceso de revisión e reordenación dos viveiros, que se prolonga xa desde comezos da década dos noventa.

Neste sentido, a agrupación que preside José Luis Villanueva tense dirixido á administración autonómica en máis dunha ocasión solicitando a reactivación deste proceso.

Outro dos temas que preocupan aos parquistas é o da contaminación e os verquidos, de aí que defendan uun verdadeiro saneamento que garanta a calidade das augas, elemento indispensable para ter un produto de calidade.

A obtención de semente con garantía de orixe e de caldiade para os parques de cultivo é outro dos campos de traballo deste colectivo, implicado desde hai anos en esixir estes parámetros para a cría.

Neste sentido, os parquistas teñen esixido maior control das semenets e crías que entran ilegalmente en Galicia (como as apresadas en varios operativos desenvolvidos ao longo deste ano na fronteira con Portugal).

Tamén compre lembrar que un grupo de parquistas impulsaron hai uns anos a posta en marcha dunha hatchery (criadeiro de semente) e unha nursery (pranta de preengorde de cría) na zona de Arousa para abastecerse desta materia prima, que completaría o círculo de producción e permitiría garantir a trazabilidade total da ameixa de Carril.

Os parquistas, coas súas vendas en lonxa, son o principal soporte desta sala de subastas de carril, con facturacións e volumes de negocio de varios millóns de euros anuais.

Fuente: Diario de Arousa

20/05/2011 10:07 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

agrupocarril

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.