Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

A lonxa carrilexa rexistra neste ano a súa mellor facturación da última década

A lonxa carrilexa rexistra neste ano a súa mellor facturación da última década

O 2011 está a ser un bo ano para Carril no que respecta a subastas en lonxa, a tenor dos datos contemplados na Plataforma Tecnolóxica de Pesca da Consellería do Mar. Entre os meses de xaneiro e setembro, a sala carrilexa rexistrou a mellor facturación da última década.

Nestes nove emses o importe do volume de negocio movido na rula de Carril foi de máis de 4.865.000 euros, unha cifra superior ás obtidas nos diferentes exercicios desde o 2001 nese mesmo periodo.

Cómpre lembrar que este bo comportamento da lonxa de Carril ten lugar nun ano, 2011, no que gran parte das salas de subasta da comarca arousá obteñen piores resultados económicos que en anos anteriores.

 

Xapónica> Entre xaneiro e setembro do exercicio en curso a ameixa xapónica foi a especie con mellor comportamento económico na lonxa de carril. Pola subasta desta especie obtívose un volume de negocio de case 1.717.500 euros.

No que atinxe ao berberecho, mantivo unha presenza destacada na rula, pois subastáronse neses meses preto de 291 toneladas, obtendo unha facturación de máis de 1.480.000 euros, o que sitúa a este bivalvo coma o segundo motor económico en vendas na lonxa.

De ameixa fina vendéronse 57 toneladas e media, o que supuxo un volume de negocio entre xaneiro e setembro de preto do millón de euros. De babosa subastáronse 59 toneladas e os ingresos rondaron os 612.000 euros.

Cómpre lembrar que a ameixa e berberecho procedente dos parques de cultivo son a base principal do producto que se subasta na lonxa de Carril. Unha sala que, por méritos propios, figura entre as máis importantes da Ría de Arousa en canto a facturación.

Fuente:Diario de Arousa

0 comentarios