Facebook Twitter Google +1     Admin

A arte centenaria de sacar vida da area

20131129101610-diario-de-arousa-gato-negro.jpg

Foi na Idade Media cando os habitantes de Carril caeron na conta da potencialidade que o seu mar tiña para a economía local e foi aí cando, de forma paseniña, se empezou a construír un oficio do que viven actualmente máis de 650 familias. Esa historia está agora reflexada nun documental que, baixo o título “Historia de una profesión” debulla os segredos de como se cultiva a mellor ameixa do mundo, a de Carril.
A peza audiovisual, realizada por Noemí Lois, conta as claves dun oficio que se fai “á man” e que, segundo a propia Agrupación de Parquistas, “constitúe a empresa con máis empuxe económico de Vilagarcía”.
Para aqueles que non o saben Carril foi un dos portos con maior pulo da Ría de Arousa. Conseguiu este papel grazas a ser principio ou fin, segundo se mire, da primeira liña de ferrocarril galega, a West Galicia. Este empuxe en infraestruturas axudou para que aquel marisco que se extraía da area entre Cortegada e a desembocadura do Ulla saíse hacia diferentes destinos converténdose nun produto estrela (para as clases máis acaudaladas) no período xustamente anterior á Guerra Civil.
Mexillóns, ostras e ameixas saían da area carrilexa con destino mesas de toda Galicia. Os primeiros descolgaríanse desta fórmula no ano 1950, data na que “como hongos”, as bateas empezaron a converterse en parte da paisaxe da Ría de Arousa. O mundo do mar caeu na conta entón que os mexillóns eran para as bateas e que o esforzo dos de a pé debía centrarse no cultivo da ostra e, sobre todo da ameixa.
A primeira legalización dos parques de cultivo chegaría no ano 1958. Foi entón cando se recoñeceu a existencia oficial de 611 parcelas. Unha división inusual e case única en Galicia, inda que non exclusiva.
As imaxes entrelázanse para contar os beneficios do produto estrela, a ameixa, da que o propio presidente da Agrupación de Parquistas sinala que “un estudio da Universidade demostra que a ameixa de Carril ten un 40% menos de colesterol que outras ameixas veciñas e un 42% máis de rendemento en carne”. Recalcou por activa e por pasiva que “todo o facemos a man”.
Na peza documental evitouse falar de conflitos abertos directamente coa Consellería aínda que a posteriori e trala proxección do cumental incidiuse na problemática existente no tema das tallas ou no decreto de regularización dos viveiros.
Na proxección estiveron presentes autoridades como o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e os membros da Mesa Local do Turismo que non dubidaron en suxerirlle ao alcalde a posibilidade de facer un proxecto conxunto no que se vendan e dean a coñecer todos os encantos turísticos da localidade.

Fuente:Diario de Arousa

29/11/2013 10:16 agrupocarril #. DOCUMENTAL

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.