Facebook Twitter Google +1     Admin

ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE núm. 254, do 23 de outubro) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, en precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 19 de xullo de 1984 (DOG núm. 152, do 9 de agosto) outórgase concesión administrativa á Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo», do Carril, para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 45.577 metros cadrados do dominio público, conforme o proxecto e mais os planos que van unidos ao expediente número 2.457.

Por Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 17 de setembro de 1984 (DOG núm. 198, do 16 de outubro) outórgase concesión administrativa á Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo», do Carril, para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 39.471,50 metros cadrados do dominio público, conforme o proxecto e mais os planos que van unidos ao expediente número 5.468.

Segundo. Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro. Aprobada a fase de revisión do citado proceso por Resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ao inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Segundo. Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou e que, de conformidade co disposto na letra a) do artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de vixencia, sen ter solicitado ou obtido prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denegar as prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE núm. 254,
do 23 de outubro) pola que se outorgan 930 concesións administrativas para
a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa

Parcela núm.

Nome

Superficie m²

161

José Eugenio González Domínguez

112

174

Laureano Núñez Linares

125

202

María Jesús e María Dolores Meaños Tubío

96

213

Carmen Vilas Caamaño

107

257

Constantino Silva Ramos

582

503

Carmen Patiño Rodríguez

94

726

José Farto Antelo

48

832

Miguel Vieites Lois

184

851

Manuel López López

158

Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 19 de xullo de 1984 (DOG núm. 152, do 9 de agosto) pola que se outorga concesión administrativa á Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo», do Carril, para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa

Parcela núm.

Nome

Superficie m²

2457

Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo»

45.577

Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 17 de setembro de 1984 (DOG núm. 198, do 16 de outubro) pola que se outorga concesión administrativa á Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo», do Carril, para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de
Vilagarcía de Arousa

Parcela núm.

Nome

Superficie m²

5468

Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo»

39.471,50

Fuente: Diario Oficial de Galicia nº 58 - 25 marzo 2014

26/03/2014 09:39 agrupocarril #. LEGISLACIÓN

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.