Facebook Twitter Google +1     Admin

O presidente dos parquistas asegura que a Ameixa non cambiará de data

A Festa da ameixa de Carril celebraráse os días 19 e 20 de agosto. Así de contundente foi esta mañá o presidente da agrupación de Parquistas, Xosé Luis Villanueva, ante a petición do concello para que cambie de datas, para non coincidir co Combate Naval, as carrozas e o Festival Revenidas. Desde Carril, afirman, que non cederán. Polos compromisos xa pechados desde xaneiro, porque non consentirá que Carril sexa discriminado, e porque é posible facelo de xeito seguro. Son os motivos polos que o presidente de agrupación de parquistas, Xosé Luis Villanueva, que vén de ser elixido patrón maior de Carril, asegura que a Festa da Ameixa de Carril, se celebrará os días 19 e 20 de agosto, como se vén facendo habitualmente. E que xa en xaneiro informou ó alcalde das datas, polo que é un erro do concello o feito de que coincida co Combate naval, o desfile de carrozas, e o Festival das Revenidas. Villanueva asegura sentir que o concello discrimina Carril, ó dar prioridad a outros eventos, antes que esta cita gastronómica, que este ano cumpre a súa 25 edición e está considerada Festa de Interese Turístico Galego. Sobre os motivos que alega o concello, para esixir o campo de data ós parquistas, a imposibilidade de garantir a seguridade en tódolos eventos desa fin de semana. Villanueva considera que é unha escusa. Pola súa banda. o concello de Vilagarcía, emitiu hoxe un comunicado, no que afirma que hai unha semana ó patrón parecçian non importarlle os contratos que xa tiña asinados, que Carril merece unha fin de semana de festa en exclusividade, e respecto dos efectivos de seguridade, que non todo se resolve con horas extras, posto que os traballadores municipais tamén teñen dereito ó seu descanso. Na rúa parece haber unanimidade ante o feito de que non é positiva a coincidencia de tantas festas en Vilagarcía, aínda que tamén se cree que a Ameixa, debería ser unha prioridade. total ensuia Así as cousas, o patrón electo asegura que nin él, nin a xunta directiva da agrupación, nin a confraría, nin os propios carrilexos, consideran a idea de cambiar de data a festa.

Fuente: Canal Rias Baixas

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.