Facebook Twitter Google +1     Admin

O pleno vota o apoio á Festa da Ameixa de Carril

tamaño da fonte disminuir o tamaño da fonte aumentar tamaño da fonte Imprimir Email
O pleno vota o apoio á Festa da Ameixa de Carril
VILAGARCÍA> A polémica pola Festa da Ameixa de Carril chegou ao pleno. Representantes da comisión asistiron á sesión, cunha intervención do patrón maior, JOsé Luis Villanueva, para pedir o paoio da corporación para poder celebrar esta 25 edición da festa. PP, EU e Somos Maioría defenderon tamén as súas mocións de apoio á cita. O punto sobre a Festa da Ameixa de Carril xa comezou cos ánimos quecidos. Unha mensaxe no Facebook da Asociación de Parquistas desmentindo a presunta cancelación do pleno, provocaba o primeiro momento de tensión entre José Luis Villanueva e Alberto Varela. Os enfrontamentos sucedéronse durante a sesión. Xa durante a súa intervención, Villanueva asegurou que a situación que se está a vivir non é prato de bo gusto. Achacouna a un erro do concello por permitir coincidir tres celebracións a mesma semana, e reclamou os medios necesarios para levar adiante o seu programa. Partido Popular, Esquerda Unida e Somos Maioría chegaron á sesión tras presentar cadansúa moción para reclamar o apoio á Festa, que cumpre o seu vixésimo quinto aniversario. As formacións criticaron que o concello non se comprometa coa cita, e que non lles proporcione medios municipais a pesares da súa relevancia. As tres mocións votáronse de xeito conxunto, e saíron adiante grazas aos votos a favor de PP, Esquerda Unida e Somos Maioría e á abstención de BNG, Miguel Alves e Partido Socialista. Os nacionalistas e o edil non adscrito pediron cordura, que as partes flexibilicen a súa postura e insistiron en que o que debe primar é a seguridade. Varela defendeu, pola súa banda, que actúa defendendo o interese xeral. Durante a sesión o concello confirmou que dende hoxe xa ten no seu poder o plan de seguridade elaborado pola organización da Festa da Ameixa de Carril. Por iso, a comisión quedou emprazada a un encontro o luns para abordar o contido do documento.

Ver vídeo : https://youtu.be/_IkdYijbIeU

Fuente: Canal Rias Baixas

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.