Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

CORRECCIÓN DE ERROS DA RESOLUCIÓN DO 12 DE ABRIL DE 2019 DA XEFA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR EN VIGO POLA QUE SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO A PÉ DA CONFRARÍA DE CARRIL

 

No apartado 1.3. das bases da convocatoria da Resolución do 12 de abril de 2019 da xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da confraría de Carril detectouse un erro que debe ser corrixido, polo que

Onde dí:

c.3) Estar empadroado nun concello do ámbito territorial do plan de explotación conxunto de marisqueo a pé da confraría de Carril (concello de Carril):

- Certificación actual de empadroamento no que conste a antigüidade.Debe dicir:

c.3) Estar empadroado nun concello do ámbito territorial do plan de explotación de marisqueo a pé da confraría de Carril (concellos de Vilagarcía, Catoira, Pontecesures e Valga):

- Certificación actual de empadroamento no que conste a antigüidade.

 

Fuente:mar.xunta.gal

 

0 comentarios