Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

ANUNCIO do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai público o outorgamento de 1093 concesións de actividade para a explotación doutros tantos parques de cultivo de moluscos no Carril, Vilagarcía de Arousa.

CONSELLERÍA DO MAR

ANUNCIO do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai público o outorgamento de 1093 concesións de actividade para a explotación doutros tantos parques de cultivo de moluscos no Carril, Vilagarcía de Arousa.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 13 de xullo de 2015, publícase o Decreto 96/2015, do 25 de xuño, polo que se dá por finalizada a revisión dos parques de cultivo de moluscos do Carril e se dispón o procedemento para o outorgamento das concesións de actividade para a súa explotación.

De conformidade co disposto no citado decreto, no Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 15 de outubro de 2015, publícase a Resolución do 28 de setembro pola que se declara a firmeza do documento de revisión dos parques de cultivo de moluscos do Carril. Este documento recolle a relación de parcelas coa súa superficie, configuración e localización nos planos parcelarios anexos.

En virtude do anterior e por razóns de interese público segundo dispón o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio faise público que por resolucións do 29 de marzo de 2019, da Consellería do Mar, outorgáronse 1093 concesións de actividade para a explotación doutros tantos parques de cultivo de moluscos no Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), de acordo co código de identificación, superficie, configuración e localización que figuran no documento de revisión e ás persoas titulares que se sinalan no anexo.

De acordo ao establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións destas resolucións están á disposición das persoas interesadas no Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, accesible no enderezo http://notifica.xunta.gal/ para que, no caso de que non resulten obrigadas a recibilas por esta vía, poidan acceder a elas mesmas de forma voluntaria. Practicaránselles de forma exclusivamente electrónica aos colectivos interesados obrigados a recibilas por esta vía.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Consulta en el enlace el listado de parques:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190422/AnuncioG0427-100419-0003_gl.pdf

0 comentarios