Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Orde do 11 de decembro de 2008, pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e transporte de moluscos bivalvos,equinodermos,tunicados e gasterópodos mariños vivos

A Orde do 8 de febreiro de 2008, modificada pola Orde do 10 de xuño, supuxo, entre outras, unha ampliación do prazo para a entrada en vigor da obrigada transmisión telemática dos documentos que alíse regulan. Non obstante, mediante resolucións do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca fóronse validando transmisións telemáticas co obxecto de ir implicando o sector nesta obriga que require dun coñecemento específico por parte das entidades responsables da devandita transmisión, e tamén supuxo unha experiencia para a aplicación da devandita orde, e polo tanto, baseándose nesta cómpre matizar algúns aspectos regulados nela. Ademais,a especificidade que ten o cultivo de mexillón en Galicia ao abeiro da Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador, xunto coa orde pola que se regulan as descargas de mexillón cultivado en Galicia, obriga a facer unhas puntualizacións respecto á transmisión de documentos que amparan esta especie,

DISPOÑO:

Artigo único

a) Modificar o artigo 7 punto 4º da Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos  bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos, que queda redactado como segue:

«4. Os documentos de rexistro poderán ser expedidos, por petición do recolector ou produtor, polas organizacións de produtores, confrarías de pescadores, entidades asociativas do sector produtivo legalmente constituídas, entidades concesionarias dos centros de venda e, se é o caso, polos titulares de establecementos de cultivos mariños.

No caso do mexillón cultivado en viveiros flotantes,a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimosdeterminará a entidade ou entidades que poderán expedir o documento de rexistro».

b) Substituír o anexo IV da Orde do 8 de febreiro de 2008, modificado pola Orde do 10 de xuño de 2008, polo que figura como anexo a esta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no 

Diario Oficial de Galicia 

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO IV

Documento de rexistro para o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos

* Respecto dun lote enviado desde unha zona de produción debe incluír, como mínimo, a seguinte información:

-Identidade e enderezo do recolector ou produtor.

-Data de recolección.

-Localización da zona de produción, mediante o número de código que se establece na norma pola que se clasifican as zonas de produción.

-Cualificación sanitaria.

-Zona ou subzona de control de biotoxina.

-Denominación científica e comercial de cada especie.

-Cantidade de cada especie expresada en quilos.

-Destino do lote.

* Respecto dun lote de moluscos bivalvos vivos enviado desde una zona de reinstalación, o documento de rexistro incluirá a seguinte información:

-Identidade e enderezo do recolector ou produtor.

-Localización da zona de produción, mediante o número de código que se establece na norma pola que se clasifican as zonas de produción.

-Cualificación sanitaria.

-Zona ou subzona de control de biotoxina.

-Data de recolección na zona de produción.

-Denominación científica e comercial de cada especie.

-Cantidade de cada especie expresada en quilos.

-Localización da zona de reinstalación.

-Duración da reinstalación indicando a data de entrada e saída na zona.

-Destino do lote despois da reinstalación.

* Respecto dun lote de moluscos bivalvos vivos enviados desde un centro de depuración, o documento de rexistro incluirá a seguinte información:

-Identidade e enderezo do recolector ou produtor.

-Data de recolección.

-Localización da zona de produción, mediante o número de código que se establece na norma pola que se clasifican as zonas de produción.

-Clasificación sanitaria.

-Zona ou subzona de control de biotoxina.

-Denominación científica e comercial de cada especie.

-Cantidade de cada especie expresada en quilos.

-Enderezo do centro de depuración.

-Duración da depuración indicando a data de entrada e saída da depuradora.

-Destino do lote despois da depuración.

0 comentarios