Facebook Twitter Google +1     Admin

Orde do 2 de febreiro de 2010 transporte de moluscos bivalvos,equinodermos,tunicados e gasterópodos mariños vivos. - Guias de transporte

Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se

modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008

pola que se regula o control da descarga e

do transporte dos produtos pesqueiros frescos

ata a fase de primeira venda e o transporte

de moluscos bivalvos, equinodermos,

tunicados e gasterópodos mariños vivos.

A Orde do 8 de febreiro de 2008, modificada pola

Orde do 10 de xuño de 2008 e pola Orde do 11 de

decembro de 2008, supuxo un salto cualitativo na

rastrexabilidade dos produtos da pesca e da acuicultura,

facilitando aos operadores comerciais a emisión

telemática dos documentos e conseguindo unha

xestión máis eficiente e racional destes, así como

unha maior operatividade no seu seguimento e control.

Non obstante, a plena emisión telemática non se

está a conseguir, debido, entre outras razóns, aos

complexos labores de cultivo e ás peculiaridades do

sector da comercialización. Por iso é que algúns

colectivos de profesionais, en especial os dedicados

ao cultivo de moluscos bivalvos, seguen a atopar

atrancos para a emisión telemática dos documentos,

polo que Dirección Xeral de Competitividade e

Innovación Tecnolóxica autorizou dun xeito temporal

e en casos concretos a elaboración destes documentos

dun xeito manual, a partir de talonarios subministrados

pola propia Administración. Tamén no

caso de fallo accidental do sistema telemático, para

evitar perdas económicas aos operadores, está autorizada

a emisión manual de documentos.

Non entanto, a pesar do estrito seguimento que se

fai desta documentación en papel, en determinados

casos de alertas e peches de polígonos, coas obrigas

actuais non se pode garantir un control exhaustivo

da súa rastrexabilidade nin realizar un axeitado

seguimento das partidas de produto que saen ao

mercado. Neste senso, no artigo 2.2º xa se regula a

remisión á Administración nun prazo máximo de

48 horas, poñéndose en evidencia na práctica

adquirida desde a publicación da orde que nalgúns

casos é necesario completar estas normas para asegurar

un correcto seguimento e control da rastrexabilidade

destes produtos.

De acordo co anteriormente exposto, despois de

consultar os sectores afectados, e en virtude das

facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación da Orde do 8 de febreiro

de 2008 pola que se regula o control da descarga e do

transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de

primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos,

equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos.

Engádense os números 8º, 9º e 10º ao artigo 7 da

Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o

control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros

frescos ata a fase de primeira venda e o transporte

de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados

e gasterópodos mariños vivos, coa seguinte redacción:

«8. No caso dos documentos de rexistro expedidos

de xeito manual, tanto naqueles casos de uso excepcional

por motivos de fallos puntuais no servizo telemático

como os autorizados expresamente para o uso

de talonarios en papel, as entidades expedidoras

remitirán no prazo máximo das tres horas posteriores

á súa expedición unha copia á dirección xeral competente

en materia de saúde pública.

9. Os centros de expedición, depuradoras e industrias

transformadoras receptoras de lotes acompañados

de documentos de rexistro para o transporte de moluscos

bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos

mariños vivos, deberán rexistrar a súa entrada.

10. As entidades emisoras autorizadas para a emisión

manual de documentos de rexistro estarán obrigadas

a manter inalterada a numeración correlativa

dos citados documentos, enviando copia dos documentos

de rexistro anulados e informando das incidencias

que deron lugar á anulación á dirección

xeral competente en materia de saúde pública así

como á Dirección Xeral de Competitividade e Innovación

Tecnolóxica da Consellería do Mar».

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa

publicación no

Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

11/02/2010 16:15 agrupocarril #. LEGISLACIÓN

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.

(opcional)