Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

As lonxas do Salnés rexistran o iniciode ano máis frouxo en facturación do último trienio

As lonxas do Salnés rexistran o iniciode ano máis frouxo en facturación do último trienio

O conxunto das seis lonxas do Salnés rexistrou neste 2010 o arranque de ano máis frouxo dos últimos tres exercicios en canto ao volume de negocio, segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca. En xaneiro, as rulas da comarca obtiveron unha facturación de 2.100.000 euros, uns ingresos lixeiramente inferiores aos dese mes de 2009 (2.242.000 euros), pero sensiblemente por debaixo do 2008 (3.009.000).

A facturación deste arranque de 2010 foi inferior á de 2009 en todas as lonxas da beira sur da Ría de Arousa (A Illa, Carril, O Grove, Vilanova e Vilaxoán) agás Cambados. Así o amosan os datos da Plataforma de Pesca da Consellería de Mar.

As rulas que, segundo os datos a citada plataforma, rexistrarían un maior descenso serían as de Carril (pasou de 267.542 euros en xaneiro de 2009 a 172.000 no inicio do presente ano), Vilanova (de 243.000 euros a 187.000) e Vilaxoán (de 37.300 a 19.000 euros). No Grove facturouse en xaneiro de 2010 máis de 593.000 euros, mentres que nese mes do ano pasado foi de 609.000; e na Illa pasouse de 488.849 aos 442.000 euros do arranque deste ano.

No outro lado da balanza está a rula da localidade de Cambados, que se en xaneiro do exercicio 2009 tivo un volume de negocio de 596.000 euros, en xaneiro deste ano a facturación foi de 688.000.

O descenso nos ingresos das confrarías do Salnés non se debeu tanto a un menor volume de quilogramos subastados (mesmo en xaneiro vendéronse máis, 339 toneladas, que nese mes de 2009, 317), senón a que as cotizacións dos recursos con maior peso (ameixa e bereberecho) foron baixas.

Así, no grupo dos bivalvos (do que nesas seis lonxas subastáronse en xaneiro case 227 toneladas, xerando unha facturación de 1.234.000 euros) tivo uns prezos irregulares no pasado mes.

 

Cotizacións >A cotización o mes pasado do berberecho nas seis salas do Salnés foi inferior ao de xaneiro de 2009. Se daquela o prezo medio do berberecho era en Vilaxoán de 7,58 euros, agora pagouse a 5,35. En Vilanova a cotización media deste recurso foi no inicio deste ano de 2,26 euros o quilo, mentres que no arranque de 2009 era de 4,42. O mesmo acontece coa ameixa xapónica, que tivo unha baixada nas cotizacións en todas as rulas salinienses, ou ben coa fina (que só tivo mellores prezos agora que en xaneiro de 2009 no Grove).

De feito, as baixas cotizacións dalgúns recursos marisqueiros levou ás agrupacións da pé de certas confrarías da comarca arousá a adoptar diversas medidas, desde paros na extracción de recursos (Vilaxoán) ata recorte de cupos (Carril).

Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios