Facebook Twitter Google +1     Admin

A lonxa de Carril facturou no primeiro cuadrimestre máis de 830.000 euros

20100518101126-1.jpg

A lonxa de Carril facturou no primeiro cuadrimestre de 2010 máis de 831.000 euros, un volume de negocio que representa un incremento de case o 1 por cento con respecto ao mesmo periodo do ano anterior.

Este aumento pode semellar pequeno, pero é significativo se se ten en conta que entre xaneiro e abril deste ano a maioría das rulas da Ría de Arousa rexistraron descensos na facturación polas vendas na rula.

A ameixa xapçonica é o recurso con maior peso económico na lonxa de Vilaxoán, pois pola subasta das 63 toneladas deste recurso ingresáronse máis de 327.000 euros.

A segunda especie en importancia económica é o berberecho, con 211,150 euros facturados, procedentes da venda na sala de substas de algo máis de 60.000 quilogramos deste recurso.

De ameixa fina vendéronse case 15 toneladas, xerando un volume de negocio de máis de 210.000 euros, nunha espexcie que acadou un máximo de prezo de 31 euros, e un mñinimo de 4,35 euros o quilogramo. A fina é un dos recursos que mellore ndemento económico teñen en lonxa

Pola subasta de ameixa babosa, a lonxa de Vilaxoán facturou preto de 81.000 euros. Deste recurso subastáronse 8.600 quilogramos entre xaneiro e abril na rula carrilexa.

O resto dos recursos subastados teñen unha rpesenza moito menor. Así, a navalla só xerou neste cuadrimestre 738 euros, pois só se subastaron 95 quilogramos deste recurso.

Fuente: Diario de Arousa

18/05/2010 10:11 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.

(opcional)