Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Carril convértese no único porto da Ría de Arousa que non perde flota pesqueira dende o ano 2007

Carril convértese no único porto da Ría de Arousa que non perde flota pesqueira dende o ano 2007

A Ría de Arousa non ten quen lle tosa en conta a número de embarcacións de flota pesqueira, aínda que cada vez esa flota está máis minguada. Os datos do Rexistro de Buques da Comunidade Galega de 2010 amosa que continúa a tendencia de perda de embarcacións nos portos das comarcas do Salnés e Barbanza desde hai anos. Entre 2007 e 2010, Arousa veu como se daban de baixa 188 embarcacións. Unha perda que se deu en todos os portos da Ría agás o de Carril, que mantén o mesmo número de barcos pesqueiros: 37.

Na Ría hai censados 1.765 barcos pesqueiros, na súa inmensa maioría de artes menores. ai tres anos,e se número era de 1.953.

Por portos, o de Rianxo e A Pobra de Caramiñal son os que rexistraron un maior número de perdas en canto a unidades pesqueiras. Na primeira rada pasouse de 238 embarcacións en 2007 a 197 en 2010 (41 menos).

No porto pobrense, se en 2007 había rexistrados 133 barcos na flota pesqueira, o ano pasado ese número era dun total de 103, o que supón 30 embarcacións menos. A clasificación de portos onde houbo un descenso na flota segue co da Illa (que nese periodo perdeu 24 embarcacións) e a de Cabo de Cruz (23 barcos menos). En Vilanova de Arousa, pola súa parte, pasaron de ter 102 barcos na flota pesqueira en 2007 a 85 en 2010, ou sexa, 17 menos.

En Cambados hai agora rexistrados na súa flota 236 embarcacións, cando ese número era de 250 hai catro anos, polo que a perda é de 14 barcos.

O mesmo número de embarcacións son as que, neste mesmo periodo, perdeu a flota pesqueira do Grove, ao pasar das 169 de 2007 ás 155 do ano pasado. En Vilaxoán pasouse de 29 a 25, ou sexa, que hai catro barcos pesqueiros menos en 2010 dos que había en 2007.

 

Importancia > O único porto da Ría de Arousa que non veu como baixaba o número de embarcacións da súa flota pesqueira foi o de Carril, que se mantén actualmente nas mesmas 37 que tiña en 2007. A flota carrilexa componse básicamente de barcos de rañeiros e de baleeiros.

A flota de baixura arousá perdeu nestes últimos seis anos 762 licenzas para faenar con artes menores, permisos que foron desaparecendo á par que o número de embarcacións de baixura da comarca ía menguando.

A comezos deste ano, nos portos do Salnés e Barbanza había censados 1.711 barcos de artes menores. A perda progresiva de licenzas na baixura centrouse principalmente en tres grupos: Liña e cordel, marisqueo a flote e enmalle.

No primeiro deles, pasouse dos 954 permisos que para traballar con estes aparellos había na Ría de Arousa en 2004 aos 707 de principios de 2010. Ou sexa, 247 licenzas menos.

Igual escenario se presenta no marisqueo a flote, unha actividade para a cal hai cinco anos posuían permiso 1.600 embarcacións de portos do Barbanza e O Salnés.

A principios do ano pasado, esa cifra reducírase a 1.359, 241 licenzas menos. E no que atinxe ao enmalle, o descenso nese período de seis anos foi de 150 licenzas. Actualmente o número de embarcacións arousáns que poden faenar con aparellos deste grupo de artes menores (coma xeito, miño, trasmallo ou veta) é de 725.

En 2004 esa cifra na Ría era de 875, o que supón 150 permisos que nestes catro anos foron abandonados. A día de hoxe, o principal porto de Galicia en canto a flota que faene con enmalle segue a ser a localidade de Rianxo, con 140 licenzas.

Fuente:Diario de Arousa

0 comentarios