Facebook Twitter Google +1     Admin

20110420101921-parquistascarril.jpg

O presidente da Agrupación pide a comerciantes e hostaleiros quedesistan no intento de retirar os paus dos parques cultivo.

José Luis Villanueva explicou esta mañá o malestar que causaron na Agrupación de Parquistas as declaracións destes 3 colectivos. Segundo o presidente a praia de Compostela foi pagada con diñeiro público e é un areal totalmente diferenciado do dos parques de cultivo, terreos, segundo el, financiados íntegramente polos propios parquistas.

Ademais, segundo Villanueva, os parques non teñen por que supoñer un problema na imaxe da praia, simplemente hai que explicarlle ós turistas o traballo que se realiza neles e o que representan. E tampouco producen contaminación, posto que o que dana as augas son os verquidos sen control que se botan na praia. Dende a Agrupación consideran que a forma de proceder de comerciantes e hostaleiros non foi a adecuada.

José Luis Villanueva dixo ser consciente de que non tódolos membros destes colectivos pensan igual e pide responsabilidade ós seus presidentes.

Ver vídeo: http://www.canalriasbaixas.com/content/view/10661/68/


Fuente: Canal rias baixas

20/04/2011 10:23 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

agrupocarril

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.