Facebook Twitter Google +1     Admin

Piden no Parlamento medidas para impulsar o marisqueo en Carril

20110507231539-1.jpg

O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira, presentou no Parlamento galego unha Proposición non de lei ao fin de reclamar que o Goberno galego poña en marcha medidas para a rexeneración da praia de Compostela e accións encamiñadas á recuperación produtiva de zonas improdutivas en Carril, actuacións que entende coma necesarias para potenciar e reforzar os sectores do mar desta localdiade arousá.

Lobeira considera que o incremento do número de permisos de explotación (Permex) para marisqueo a pé na Confraría de Carril “debe vincularse a accións de rareo,limpeza,movemento de substrato e subministración de semente así como dotar da maquinaria pesada precisa para este cometido e mesmo convenios coas mariscadores con vixencia até que os bancos recuperados poidan producir con normalidade”.

O deputado nacionalista tamén avoga pola loita contra o furtivismo a través do Servizo de Gardacostas de Galicia “en colaboración cos servizos da Confraría e un programa de mellora da comercialización, introdución do produto marisqueiro en novos circuítos e a promoción da marca ameixa de Carril”.

 

Decomiso > Por outra parte, axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA) realizaron na madrugada de onte un operativo no que se comisaron 2.136 quilos de ameixa xapónica, fina e babosa.

A actuación desenvolveuse na A-55, na ponte internacional que une Galicia con Portugal. Os axentes, que inspeccionaron camións, furgonetas e tamén algúns turismos, comisaron 2.136 quilos de ameixa xapónica, fina e babosa por ter a documentación incorrecta e manipulada.

De feito no documento de rexistro figuraban 1.280 quilos de ameixa xapónica mentres que o resto non estaba contemplado no documento de rexistro. Os inspectores procederon á destrución de todo o marisco.

Nesta actuación, os axentes inspeccionaron en total 24 vehículos dos que foron identificadas 54 persoas. Este operativo realizado polos Gardacostas en colaboración coa UPA (dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza)consistía en controlar a entrada de molusco en Galicia procedente de Portugal, unha demanda dos sectores produtivos.

Fuente:Diario de Arousa



 

07/05/2011 23:15 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

agrupocarril

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.