Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Os parquistas de Carril promocionan a súa actividade a través dun video documental

Baixo o título Hecho a Mano. Historia de una Profesión, o que se pretende dar a coñecer é o duro traballo diario deste colectivo para dar cun dos productos máis codiciados da nosa gastronomía: a ameixa de Carril. O video foi presentado esta mañá.

Trala publicación do primeiro número da revista Parquistas de Carril, no mes de agosto, agora en novembro a agrupación presidida por José Luís Villanueva presenta a curtametraxe Hecho a Mano. Historia de una profesión. Realizada por Noemí Rodríguez, este documental tenta poñer en valor o traballo levado a cabo polos productores de ameixa e tamén ser unha ferramenta que impulse o turismo na zona. No acto de presentación da curtametraxe participación numerosos persoeiros da vida social e política de Vilagarcía, entre eles o alcalde Tomás Fole. José Luís Villanueva destacou que esta ferramenta pretende ser unha máis dentro da promoción do producto Ameixa de Carril. A curtametraxe, de doce minutos de duración, poderá verse na páxina web www.parquistasdecarril.es, que proximanente comezará a funcionar. Tamén será distribuída a medios de comunicación e diferentes entidades.
Fuente:canalriasbaixas.com

 

0 comentarios