Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

O PSOE denuncia no Parlamento que a loita contra o furtivismo é “un fracaso estrepitoso”

O PSOE denuncia no Parlamento que a loita contra o furtivismo é “un fracaso estrepitoso”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, defendeu na mañán de onte no Pleno da Cámara Autonómica unha Proposición Non de Lei, na que reclamaba ao Goberno de Feijoo “medidas prácticas que permitan o control e a erradicación do furtivismo das nosas costas e rías”.

Soneira criticou, na súa intervención, o que calificou de “fracaso estrepitoso da campaña da Consellería do Mar contra o furtivismo na nosa Comunidade, na que se decomisaron os 39.000 quilos de especies no ano 2009, fronte aos 64.000 quilogramos de especies apreixados a furtivos no ano 2008”.

A deputada socialista ironizou con estas cifras: “Vaia éxito, son uns fenómenos”. Asegurou así mesmo a parlamentaria que as medidas da Xunta non van atallar o problema. Ademais, Marisol Soneira lembrou os casos de fraude en diversos restaurantes de Galicia relacionados coa venda de marisco ilegal.

Segundo a deputada do PSdeG-PSOE, esta actividade ilegal ten consecuencias “graves para a economía dos profesionais do mar, para a facenda pública, e supón un risco para a saúde dos consumidores por canto o producto do furtivismo non ten pasado por ningún dos controis a que son sometidos os mariscos e os peixes comercializados a través das canles legais”. Unha denuncia que ten sido realizada en reiteradas ocasións nos últimos anos desde o propio sector do mar.

.

“Medidas espectaculares” > A parlemantaria advierteu que a Consellería do Mar “ten iniciado unha cruzada mediática, onde pretende convencernos a todos de que isto é unha guerra e que vamos gañando”.

Asegurou, asemade, que estas “medidas espectaculares”, non están dando resultados.

Tamén fixo Marisol Someira alusión ao dobre raseiro con que, considera, mide o furtivismo a administración autonómica: “Se é un amigo e ocupa un cargo de representación parece que non é furtivo, pero se é un excluído social hai que perseguilo por terra, mar e aire”.

“Dende o Grupo Parlamentario Socialista non cremos que a fórmula de concentrar todas as forzas e todos os recursos dispoñibles nun só fronte de batalla, sexa o mais efectivo, senon que é incluso contraproducente; nunha guerra de guerrillas como a que cada día se libra ao carón das nosas costas, porque, segundo o vello dito popular non se pode matar moscas a cañonazos”.

Nese senso, a deputada autonómica lembrou que na pasada lexislatura, “e sen utilizar as forzas de seguridade por terra, mar e aire, e sen homes de Harrelson decomisouse moitos mais marisco na nosa Comunidade”.

Soneira considera que para “gañar a guerra non chegan con anuncios e propaganda, nin con descualificar as accións doutros gobernos e gobernantes”, polo que pide do Goberno galego un maior compromiso no combate contra o furtivismo, apelando á colaboración co sector.


Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios