Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

As lonxas arousáns facturaron neste primeiro cuadrimestre preto de 23 millóns de euros

As lonxas arousáns facturaron neste primeiro cuadrimestre preto de 23 millóns de euros

No primeiro cuadrimestre de 2010, as lonxas da Ría de Arousa facturaron preto de 23 millóns de euros, o que supón algo máis do 17 por cento do volume total de negocio xerado nese periodo polo conxunto das salas de subastas galegas. Unha cifra que mostra o músculo económico que a comarca arousá ten no sector do mar de Galicia.

Entre xaneiro e abril as once salas de subastas da Rúa venderon máis de 11.103.552 de quilogramos de diferentes produtos, d epeixes a bivalvos, pasando por cefalópodos, crustáceos ou equinodermos. Elo xerou un volume de negoio, segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca, de 22.705.000 euros, unha cifra inferior, nun millón de euros, á obtida polas rulas no primeiro cadrimestre de 2009.

Por lonxas, a de Santa Uxía de Riveira acumula a gran maioría das subastas (9.501.000 quilos) e do diñeiro que xera (12.691.000 euros) esta actividade na Ría de Arousa.

A rula do Grove acada o segundo posto nestes primeiros catro meses de 2010, ao obter unha facturación de 2.254.700 euros, procedenets da venda de preto de 310 toneladas de diferentes produtos.

Pola súa parte, Cambados rexistrou entre xaneiro e abril un volume de negocio nese periodo de case dous millóns de euros, a lonxa da Illa de Arousa superou o 1.600.000 euros e a sala de Rianxo rondou o millón de facturación.

Por baixo desa barreira dos seis ceros sitúanse o resto das rulas arousáns: Carril (820.000 euros), Vilanova (726.000), Aguiño (635.000 euros), Cabo de Cruz (preto de 600.000 euros de volume de negocio), e, pechando a lista, Vilaxoán, con aproximadamente 150.000 euros.

 

Categorías> En canto ás categorías de recursos a subastar, a principal en facturación e a dos peixes (11.355.000 euros), seguida dos bivalvos (8.200.000 euros), os cefalópodos (1.623.000), crustáceos (1.133.000 euros)e equinodermos (rozando os 400.000 euros).

Entre xaneiro e decembro de 2009, as lonxas das comarcas do Salnés e Barbanza rexistraron un volume de negocio de máis de 83 millóns de euros, unha cifra que por si soa amosa o peso da economía derivada do marisqueo e a pesca na comarca arousán.

Nos primeiros catro meses de 2010, e cos 23 millóns facturados, as lonxas arousáns xa levan feito unha terceira parte do global do ano pasado.

Neses doce meses de 2009 subastáronse nas salas arousáns en torno a 46.000 toneladas de diferentes especies, con especial presencia das comprendidas no grupo de mariscos bivalvos e peixes, anque tamén crustáceos e cefalópodos tiveron un peso importante.

Ao longo do 2009, asemade, os axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería de Mar mantiveron os operativos de loita contra o furtivismo e as capturas ilegais de recursos mariños. A base de Gardacostas de Vilaxoán incautou no 2009 máis de 2.600 bens e aparellos, boa parte deles en actuacións e operativos desenvolvidos contra o furtivismo. E decomisou preto de tonelada e media de diferentes recursos. Na base de Gardacostas de Riveira teríanse, nese ano, incautado en torno a tres mil bens e aparellos, ademáis de procederse ao decomiso de tres toneladas de recursos.

Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios