Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Carril ultima os detalles da Festa da Ameixa fixada para o día 21 de agosto

Carril ultima os detalles da Festa da Ameixa fixada para o día 21 de agosto

Carril ultima estes días os detalles do que é a celebración gastronómica por excelencia da capital arousá, a Festa da Ameixa. O programa está practicamente pechado e, según os membros da organización, non dista moito de eventos anteriores das mesmas características. Os organizadores desta décimo novena edición son os mesmos. Confraría e Agrupación de Parquistas suman esforzos para que os carrilexos poidan ter unha gran festa os días 20 e 21.

Como cada ano, o evento gastronómico contará con un concurso de platos no que un xurado variado decidirá cal é o mellor menú elaborado con ameixa dos parques carrilexos, “a boa” como din os do lugar.

Pese a todo, o día grande é o día 21 que será cando se celebrará o solemne nombramento da Dona e Cabaleiro da Orde da Ameixa e cando tamén se fallarán os premios do concurso celebrado o día anterior no marco da alameda carrilexa.

De momento dende a organización non quixeron desvelar os nomes dos galardoados este ano con estes meritorios distintivos. Ademais tamén se outorgan nesta celebración as “Ameixas” de plata e de ouro e os recoñecementos Parquista Xove e Parquista de Honra.

Cabe destacar que esta celebración gastronómica é, sen dúbida, unha das máis importantes da Ría de Arousa e tamén incluso da provincia de Pontevedra. Nestes momentos a organización está pendente da resolución da subvención que se lle pediu ao Concello dado que, de momento apuntan que “non se sabe nada”.

De todos modos dende a organización xa mantiveron un encontro co novo alcalde do municipio, Tomás Fole, coa idea de ver en qué punto estaba a citada subvención e que axudas podían recoller da administración local.

Neste evento a organización reparte habitualmente arredor de 6.000 racións do molusco bivalvo preparado en diferentes modalidades para delicia dos padáis máis esixentes.

Fuente:Diario de Arousa

 

0 comentarios