Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

A Orde da Ameixa de Carril nomea nova dama a Elena Espinosa e cabaleiro a Juan Diego Pérez

A Orde da Ameixa de Carril nomea nova dama a Elena Espinosa e cabaleiro a Juan Diego Pérez

A Orde da Ameixa de Carril fará entrega o vindeiro domingo das distincións a aquelas persoas e entidades que merecen ser recoñecidas pola súa labor de defensa e promoción do afamado bivalvo de Carril.

Neste caso, a ex ministra do Medio Marino, Elena Espinosa Mangana, recibirá o máximo recoñecemento ao ser nomeada Dama da orde da Ameixa, honra que no apartado masculino recae este ano no ex director da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Juan Diego Pérez Freire.

As distincións entregaranse no acto solemne que se desenvolverá no transcurso da Festa da Ameixa, a partir das 12 do mediodía, na Praza da Liberdade e tras dar por inaugurada oficialmente a XIX edición do evento gastronómico mediante a lectura do pregón, tarefa que este ano protagonizará o humorista galego, Moncho Borrajo.

A lista de distincións aprobada pola Concha, o órgano rector da Orde da Ameixa, complétase con outros catro nomes. Coa Ameixa de Ouro recoñecerase a ao Servicio Provincial de Costas, mentres que a Ameixa de Prata se lle concede ao cura párroco de Carril, José Antonio Ríos Mosquera. Por último, a Orde da Ameixa nomeará Parquista de Honra a Manuel Diz Búa e premiará a Raquel Aragunde Carro co galardón de Parquista Xoven.

Os actos do día grande da Festa da Ameixa, o domingo 21, comezarán ás 11:45 horas coa recepción de autoridades e membros da Orde da Ameixa na Confraría de Pescadores “Santiago Apóstolo” de Carril

As 12 terá lugar na Praza da Liberdade a lectura do pregón, que este ano recaerá na persoa do humorista galego Moncho Borrajo. A continuación procederase ó nomeamento dos cabaleiros de donas da Orde da Ameixa, título co que se distingue a aquelas persoas destacadas pola súa labor de promoción da ameixa de Carril dende diversos ámbitos.

Por último, a zona do Peirao e da Alameda volverá a acoller a degustación das ameixas. A organización disporá de 2.600 quilos de bivalvos cultivados nas augas de Carril e ofrecerá as 7.8000 racións de ameixa á mariñeira resultantes. A cantidade incrementouse respecto ao ano pasado, cando a afluenza masiva de comensais fixo que as racións esgotáranse antes das dúas da tarde e que moita xente quedase sen poder degustar as saborosas e afamadas ameixas de Carril.

A ración de ameixa á mariñeira, con pan e prato conmemorativo de recordo venderase a 8 euros, ó mesmo prezo que se paga dende hai tres anos.

A botella de viño venderase a 7 euros e auga e refrescos ao prezo de 1 euro. Tamén poderán mercar pratos conmemorativos e cataviños a 1,5 euros e camisetas a 5 euros.

Fuente: Diario de Arousa

 

0 comentarios