Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Moncho Borrajo encandilou con un pregón politicamente incorrecto que puxo o toque de humor ao evento


No medio dun acto protocolario, aínda que tamén fundamentalmente popular e tradicional, o humorista galego Moncho Borrajo foi quen de arrancar risas e aplausos grazas a un pregón regado de retranca, chistes, críticas encubertas e de alusións políticamente incorrectas aínda que moi intelixentes. A sabendas de que un dos presentes e tamen galardoados neste certame era o párroco de Carril, Borrajo amansou o terreno felicitándo ao cura polo éxito da visita do Papa. O relixioso aguantou o tipo ante as palabras dun artista que se declarou abertamente “roxo e fillo de republicanos e que ten que vir a dar o pregón a unha terra gobernada polo PP, e donde se conmemora a ameixa cando todos saben que eu podería ser máis de berberecho”.

O humorista regalou alegría dende o minuto cero e así o deixaron ver as numerosas persoas que quixeron fotografarse con el rematado xa o acto oficial propiamente dito.

Borrajo declarouse artista “ao estilo de Miguel Bosé, Rafael e Antonio Gala” e tivo palabras para “os do PP, os do BNG e os do PSOE que ten que haber de todo”.

O humorista falou en galego “ese que aprendín en galego e que agora de repente todos reconverten en portugués”, pero incidiu en que “podo falar español por se alguén non o entende, de Santiago ou así”.

Borrajo definiu a ameixa carrilexa como a mellor e incidiu en que “están e rechupete e gústanme moito con limón e tamén preparadas á mariñeira como as facía miña nai”. Para Borrajo o molusco máis popular de Vilagarcía é “todo un manxar dos deuses e unha ledicia para o padal”.

 

 

0 comentarios