ORDE do 7 de maio de 2013 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 7 de maio de 2013 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:
Antecedentes de feito.
Primeiro. Por Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, en precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.
Por Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 29 de xullo de 1985 (DOG nº 153) outórgase concesión administrativa a Ramón Abelenda Baños para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha superficie de 1.870 metros cadrados do dominio público, conforme o proxecto e mais os planos que corren unidos ao expediente número 5.462.
Segundo. Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.
Terceiro. Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ao inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.
Fundamentos xurídicos.
Primeiro. Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca, e na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
Segundo. Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra a) do artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de vixencia, sen ter solicitado ou obtido prórroga.
Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denegar as prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013
Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
1. Orde do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254) pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
Parcela número | Nome | Superficie m² |
11 | Eugenio Iglesias Isorna | 784 |
125 | Fernando Dios Teijeiro | 656 |
396 | Ramón Diz Búa | 140 |
428 | Josefa Encisa Insúa | 139 |
485 | Claudio Lemos Silva | 42 |
498 | José L. Eiras Barreiro | 46 |
510 | Manuel Melón García | 178 |
615 | Ramón Diz Búa | 629 |
653 | Ramón, Angustia e Dolores Bóveda Ríos | 600 |
742 | Flora Rodríguez Otero | 153 |
2. Orde do 29 de xullo de 1985 (DOG nº 153) pola que se outorga concesión administrativa a Ramón Abelenda Baños para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
Parcela número | Nome | Superficie m² |
5.462 | Ramón Abelenda Baños | 1.870 |
0 comentarios