Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

A confraría de Carril reclama a ampliación da lonxa en horizontal

 A Confraría de Carril está máis que molesta ca Consellería do Mar. Esixen unha reunión na que se teña en conta a súa opinión á hora de elaborar o proxecto da nova lonxa. Aseguran que o que pagan en taxas e impostos lles dá dereito a unha rula en condicións.

A Confraría de Carril reclama unha reunión previa ca Consellería do Mar para falar da ampliación da lonxa. A infraestructura actual consta de 356 metros e eles calculan que precisan 1.500 metros. Amais esixen que a disposición dos mesmos sexa en horizontal: ou en forma de palacito ou ben votando parte da alameda se fai falla. Desbotan a proposta de rula en vertical e reclaman ter voz á hora da realización do proxecto. En virtude destes cartos que producen e pagan en taxas e impostos, reclaman unha lonxa axeitada as súas necesidades e consensuada co pósito. Villanueva, na súa liña, carga contra o departamento autonómico por entender que non traballaron dabondo neste tema e agora nin lle deixan opinar sobre o que precisan da nova rula. Aseguran que se non lles constrúen a rula que precisan,a que os veciños xa deron o seu visto bó para ocupar o espazo da Alameda; terán problemas nun futuro próximo á hora de comercializar os seus productos. Neste punto, Villanueva deixa caer a sospeita que podería haber intereses ocultos ou especulacións para que á Confraría de Carril lles vaia mal adrede.

Fuente:Canal Rias Baixas

0 comentarios