Costas desautoriza a actuación da París de Noia na praia
VILAGARCÍA> A pouco máis de vinte días para que se celebre a Festa da Ameixa en Carril, a polémica continúa. Costas desaconsella a actuación da París de Noia na praia ao tempo que a oposición da vila, a excepción do BNG, únese de cara ao vindeiro pleno, para garantir a celebración carrilexa.
A Festa da Ameixa continúa a deixar ríos de tinta sobre o seu vixésimo quinto aniversario. Os partidos da oposición en Vilagarcía, a excepción do BNG, presentarán unha moción de urxencia de cara a garantir a celebración da mesma, xa que consideran que o consistorio debe garantir a seguridade do evento. Outro escollo ao que deben facer fronte dende Carril é a negativa de Costas a que se celebre a actuación da París de Noia na praia. Unha decisión que pilla por sorpresa aos organizadores que tiñan unha primeira aprobación verbal. Villanueva admite que non hai outro emprazamento para colocar a orquestra ese día, xa que o peirao de Carril estará ocupado pola carpa da celebración gastronómica. Sexa como sexa, o que está claro é que aínda haberá que esperar uns días para coñecer cal será o desenlace de esta polémica.
Fuente: Canal Rías Baixas
Ver vídeo: https://youtu.be/Cfnqy_-lzmo

0 comentarios