Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Catrocentos menús solidarios e douscentos gaiteiros na Baldosa

Catrocentos menús solidarios e douscentos gaiteiros na Baldosa

A organización fará unha pequena homenaxe a María Iglesias, falecida o ano pasado

Comezou sen facer moito ruído pero o son das gaitas xa se fai escoitar de xeito poderoso na Baldosa cando chega o outono. A foliada solidaria chega a súa oitava edición e faino con máis forza que nunca. E hai razóns de sobra para soprar con forza. Para empezar, porque non estará por vez primeira María Iglesias. A súa gaita era a que usaba Marcos Ramos para inaugurar a foliada. Haberá unha homenaxe especial, cos máis de douscentos gaiteiros tocando «O galo» dos Campaneiros para abrir a festa e recordar a María, que é a protagonista tamén do cartel. 

 

A foliada garda sempre a súa recadación para algún asociación, pero neste caso haberá unha novidade e irá destinada directamente o Concello para loitar contra a violencia machista. Deste xeito, firmarase un convenio entre o alcalde e a organización para que se poida facer unha campaña de prevención. 

Haberá unha terceira novidade na foliada solidaria. Unha chea de postos de artesanía, e algún deles tamén con obradoiros para que os nenos gocen tamén cas mans e non so coa música. 

Menús a seis euros 

Catrocentos serán os menús que se preparen este domingo na Baldosa. Será Roque Rey, da Churruca Gastrotaberna, o que se encargue de preparar as racións: empanada de polbo, fideos con ameixas, pan, queimada e café. Todo por seis euros, que se dedicarán integramente para a caixa solidaria grazas a colaboración de distintas empresas que ceden gratuitamente os seus produtos. O 80 % dos menús xa están vendidos, pero quedarán o resto para o mesmo domingo. Na venta anticipada teñen un prezo de seis euros e no mesmo día serán sete.

Xoán Mariño será o encargado de ler o pregón e o asunto da queimada queda nas mans de Dani Barreiro e Miguel Eyré, pero o importante será o que acabe na caixa solidaria. Boa parte dos cartos chegan cos menús, pero tamén hai quen aporta doazóns particulares. O récord está complicado de acadar; son nada menos cos 4.300 euros de hai tres anos.

A parte musical está máis que segura. Serán vinte e tres os grupos que subirán os dous escenarios que se colocarán na Baldosa. A grande parte son de Vilagarcía pero tamén se achegarán dende Cuntis ou Sanxenxo. E cando a queimada baixe pola gorxa chegará a foliada propiamente dita. Unha marabilla de festa que axudará, ademais, a tomar conciencia dun problema máis que importante. E non vai chover. O domingo o sol acompañará o son das gaitas máis solidarias.

Fuentee:La Voz de Galicia

  


0 comentarios