Aberto o prazo de matrícula para as probas libres de de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente
A Resolución do 21 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca e fixa as datas e os lugares de realización dos exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de:
- Mariñeiro/a pescador/a.
- Patrón/patroa local de pesca.
- Patrón/patroa costeiro/a polivalente.
PRAZO DE MATRÍCULA. Do 21.01.2019 ata o 22.02.2019, ambos inclusive.
DOCUMENTACIÓN. As persoas candidatas deben achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames teóricos e prácticos:
MARIÑEIRO/A PESCADOR
* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE607C). Descargue a solicitude AQUÍ.
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura.
* Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos de mariñeiro/a pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
PATRÓN/PATROA LOCAL DE PESCA
* Solicitude de matrícula (Procedemento PE607C). Descargue a solicitude AQUÍ.
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Copia compulsada da tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
PATRÓN/PATROA COSTEIRO/A POLIVALENTE
* Solicitude de matrícula (Procedemento PE607C). Descargue a solicitude AQUÍ.
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Copia compulsada da tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
TAXAS
Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.
INSTRUCCIÓNS
1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.
2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:
Consellería de: O Mar | Código: 12 |
Delegación de: Vigo | Código: 41 |
Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro | Código: 05 |
Taxa: denominación | |
Probas profesionais de pesca | Código: 301900 |
Obxecto de pago | O nome da proba que realiza |
Datos de pago | 18,53 € |
3. Prema en Continuar.
4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.
5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).
DATAS E LUGARES DE EXAME. As datas dos exames así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no Anexo I da Resolución do 21 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
NOTA: Precísase un mínimo de 15 persoas matriculadas para realizar calquera dos exames ordinarios de carácter libre nun centro de ensino. No caso de non acadarse este mínimo requirido non se poderá facer o exame en dito centro, debendo realizarse no lugar indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
As horas dos exames serán anunciadas no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino.
CRITERIOS DE ORGANIZACIÓN E AVALIACIÓN DAS PROBAS
0 comentarios