HILO DIRECTO con... José Luis Villanueva, presidente dos Parquistas de Carril
A semana pasada os Parquistas de Carril presentaron a súa marca propia, un obxectivo longamente perseguido que garantirá a orixe das ameixas, como nos conta o seu presidente José Luis Villanueva.
¿Qué significa para vós esta marca propia?
A marca propia era unha asignatura pendente doutras moitas, que forman parte dun todo, dun proxecto moi ambicioso ao que lle estamos tratando de dar identidade dende hai anos. Cando se nos presentou a oportunidade non quixemos perdela
Unha forma tamén de evitar a picaresca...
É unha aposta clara e definida pola calidade, nun mundo que é unha selva e a picaresca campa ás súas anchas e fai necesario protexer os nosos recursos coas armas e instrumentos ao noso alcance.
Con esta o marca o consumidor poderá saber a ciencia certa que as ameixas que está comprando proceden exclusivamente de Carril...
Por suposto, o obxectivo é que nadie que estea frente á marca teña a mínima dúbida de que está ante as ameixas de Carril.
Entendo que se vai comercializar con esta marca ameixa fresca e en conserva
Ese é o obxectivo, ter as dúas variantes. Primeiro apostaremos máis polo fresco pero tamén están en marcha as conservas. En principio estamos con Friscos, acordamos con eles porque nos ofrecen as garantías que nós esiximos, pareceunos a empresa axeitada.
Ademais da nova marca, estaredes traballando na próxima festa da ameixa, que xa queda pouco...
É o día 18 e esperamos ter o éxito de cada ano, superándonos cada vez máis, que é o reto que nos plantexamos edición tras edición.
Fuente http://www.hggtonline.com
0 comentarios