Facebook Twitter Google +1     Admin

Un operativo na fronteira con Portugal sáldase co comiso de máis de 2.000 quilos de ameixa

20110506132344-1.jpg

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) realizaron na madrugada de onte un operativo no que se comisaron 2.136 quilos de ameixa xapónica, fina e babosa.

A actuación desenvolveuse na A-55, na ponte internacional que une Galicia con Portugal. Os axentes, que inspeccionaron camións, furgonetas e tamén algúns turismos, comisaron 2.136 quilos de ameixa xapónica, fina e babosa por ter a documentación incorrecta e manipulada. De feito no documento de rexistro figuraban 1.280 quilos de ameixa xapónica mentres que o resto non estaba contemplado no documento de rexistro. Os inspectores procederon á destrución de todo o marisco.

Nesta actuación, os axentes inspeccionaron en total 24 vehículos dos que foron identificadas 54 persoas. Este operativo realizado polos Gardacostas en colaboración coa UPA –dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza- consistía en controlar a entrada de molusco en Galicia procedente de Portugal.

Fuente:xunta.es

 

06/05/2011 13:23 agrupocarril #. ARTICULOS

Comentarios » Ir a formulario

agrupocarril

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.