Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Orde do DOG nº 226 do 2012/11/27 - Xunta de Galicia http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/... ORDE do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) nº 850/1998 do Consello, do 30 de marzo de 1998, para a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas técnicas de protección dos xuvenís de organismos mariños, establece os tamaños mínimos dos organismos mariños. Desde a súa entrada en vigor, este regulamento foi modificado en diversas ocasións e, máis recentemente, polo Regulamento (CE) nº 43/2009, do 16 de xaneiro de 2009, que establece determinadas medidas técnicas e que foi prorrogado polo Regulamento (CE) nº 1288/2009 do Consello, do 27 de novembro de 2009, e polo Regulamento (UE) nº 579/2011 do Parlamento e do Consello, do 8 de xuño de 2011.

Pola súa vez, o Real decreto 560/1995, do 7 de abril, modificado polo Real decreto 1615/2005, do 30 de decembro, establece os tamaños mínimos de determinadas especies pesqueiras.

Así mesmo, tanto o Regulamento (CE) nº 2406/1996 do Consello, do 26 de novembro, polo que se establecen normas comúns de comercialización para determinados produtos pesqueiros e as súas modificacións posteriores, como o Real decreto 121/2004, do 23 de xaneiro, sobre a identificación dos produtos da pesca, da acuicultura e do marisqueo vivos, frescos, refrixerados ou cocidos, fan referencia a calibres mínimos ou tamaños mínimos de comercialización dalgunhas especies.

O Estatuto de autonomía de Galicia atribue á Comunidade Autónoma, nos seus artigos 27 e 28, a competencia exclusiva en materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, así como a competencia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado no ámbito da ordenación do sector pesqueiro. No exercicio destas competencias ditouse a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, que no seu artigo 6 establece que a política pesqueira galega terá como obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, entre outros, os de establecemento e regulación de medidas dirixidas á conservación, a xestión e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos.

O artigo 7.2 da mesma lei establece que, co fin de asegurar os obxectivos da política pesqueira de Galicia, a consellería competente en materia de pesca, logo de audiencia do sector afectado, poderá adoptar diversas medidas, entre elas, a fixación de tamaños e pesos mínimos ou outras medidas de conservación das especies.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos están regulados pola Orde do 15 de novembro de 1992, que foi modificada pola Orde do 20 de setembro de 1993, a do 29 de outubro de 2007 e a do 12 de xuño de 2009.

Porén, resulta oportuno elaborar unha nova orde que regule os tamaños mínimos de extracción e comercialización autorizados de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, cos obxectivos de harmonizar a normativa autonómica coa nacional e comunitaria, ademais de modificar o tamaño mínimo de determinadas especies consonte a información derivada dos estudos realizados e á evolución dos mercados.

O Regulamento (CE) nº 850/1998, no seu artigo 46, determina que os Estados membros poden adoptar medidas para a conservación e xestión das poboacións cando se trate de poboacións estritamente locais que só revistan interese para o Estado membro e que tales medidas unicamente serán aplicables aos buques de pesca que enarboren o pavillón do Estado membro de que se trate e estean rexistrados na Comunidade, ou, no caso de actividades pesqueiras que leve a cabo un buque de pesca, a persoas establecidas no Estado membro de que se trate.

Así pois, despois de analizar a información resultante do seguimento das poboacións e da explotación da ameixa babosa, observouse que en determinadas zonas das augas interiores e continentais de Galicia esta especie presenta problemas de crecemento.

Dado o carácter local da súa extracción e tendo en conta o disposto no antedito artigo do Regulamento (CE) nº 850/1998, a Administración pesqueira galega establece que, en determinadas zonas claramente identificadas das augas interiores e continentais de Galicia, o tamaño mínimo da ameixa babosa sexa inferior ao establecido na normativa comunitaria.

Con base en todo o exposto anteriormente, logo da audiencia ao sector e de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer os tamaños mínimos autorizados para a extracción, a captura e a comercialización de diversos produtos pesqueiros, así como a maneira de determinar o seu tamaño.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. As disposicións contidas nesta orde serán de aplicación á:

a) Extracción dos moluscos, crustáceos e equinodermos na zona marítima e marítimo−terrestre en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia;

b) Captura dos peixes en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia;

c) Comercialización das especies recollidas nesta orde en todo o territorio de Galicia, agás para aquelas especies extraídas, cultivadas ou capturadas fóra das augas de competencia desta comunidade autónoma, que deberán cumprir, en todo caso, coa normativa comunitaria establecida para a comercialización dos produtos pesqueiros.

Artigo 3. Definicións

Para os efectos desta orde, establécense as seguintes definicións:

a) Augas continentais: zonas de desembocadura no mar comprendidas entre o límite superior das augas salobres e o límite inferior que vén determinado polas liñas que se relacionan no anexo III desta orde.

b) Capítulo: parte superior do corpo dos crustáceos cirrípedos (percebe) protexida por unha casca ou uña que na súa parte externa ten unha serie de placas calcáreas.

c) Carena: no caso do percebe, é unha placa impar alongada, situada na aresta dorsal do capítulo.

d) Cefalotórax: parte do corpo dos crustáceos formada pola unión da cabeza e o tórax.

e) Lote: cantidade de produto pesqueiro obtido en circunstancias practicamente idénticas.

f) Dermatoesqueleto: casca ríxida dalgúns animais, tamén denominado exoesqueleto ou esqueleto externo.

g) Manto: saco muscular propio dos moluscos cefalópodos que contén as vísceras, branquias e cavidade paleal.

h) Produto pesqueiro: produtos que teñen a súa orixe na pesca extractiva, no marisqueo ou na acuicultura.

i) Rostra: plural de rostrum.

j) Rostro: no caso do percebe, é unha pequena placa impar situada no borde ventral da abertura do capítulo.

k) Rostrum: extensión saínte, puntiaguda, situada na parte anterior do cefalotórax dos crustáceos.

l) Seta: seda ou pelo da parte distal do telson.

m) Setae: plural de seta.

n) Telson: último segmento do corpo dos crustáceos que está situado a seguir do pleon (abdome).

Artigo 4. Consideracións xerais

1. Os produtos pesqueiros obxecto desta orde non acadan o tamaño mínimo regulamentario cando as súas dimensións son inferiores ás dimensións mínimas indicadas nesta orde.

2. Cando se dispoña de máis dun método para medir o tamaño dos produtos pesqueiros considérase que estes cumpren co tamaño mínimo regulamentario se a aplicación de calquera dos métodos indicados nos artigos do 5 ao 8 desta orde dá como resultado un tamaño igual ou superior ás dimensións mínimas establecidas nesta norma.

3. Queda prohibida a tenza, transporte, tránsito, almacenamento, transformación, exposición e venda de produtos pesqueiros de calquera orixe ou procedencia que sexan de tamaño ou peso inferior ao regulamentario, agás o disposto no número 4 deste artigo.

4. A Consellería do Medio Rural e do Mar poderá autorizar, dentro das augas da súa competencia, a extracción ou captura de individuos de tamaño inferior ao establecido nesta orde con fins de repoboación, traslados e sementeiras, así como aqueles outros exclusivamente científicos, culturais ou didácticos.

5. O incumprimento das disposicións recollidas nesta orde será sancionado de conformidade co establecido na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Artigo 5. Dos peixes

1. Os tamaños mínimos dos peixes son os recollidos no anexo I-A desta orde.

2. Os tamaños mínimos, a que se refire esta orde non serán de aplicación aos peixes procedentes da acuicultura.

3. A sardiña, o bocarte, a xarda e o xurelo de tamaño non regulamentario poderanse manter a bordo ata un límite do 10 % en peso vivo do total de capturas de cada unha destas especies. Esta porcentaxe calcularase en proporción do peso vivo de todas as especies mariñas a bordo, unha vez efectuada a clasificación correspondente ou no momento do desembarque. A porcentaxe poderá calcularse sobre a base dunha ou máis mostras representativas. Non se superará o límite do 10 % durante o transbordo, o desembarque, o transporte, o almacenamento, a exposición nin na venda.

Igualmente, exceptúanse as especies citadas no parágrafo anterior capturadas para uso como cebo vivo, que poden reterse a bordo, a condición de que sexan mantidas vivas.

4. O tamaño medirase tal e como se indica no anexo II-A, desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal, agás o peixe espada. Nesta especie, o tamaño medirase desde o extremo da mandíbula inferior ata a galladura da aleta caudal, é dicir, ata o extremo da espiña caudal máis curta.

5. Nos peixes sapos (Lophius spp.) o tamaño mínimo tamén poderá determinarse en función do peso unitario cando se presenten enteiros e eviscerados ou sen cabeza.

6. Nas raias (Raja spp.) o tamaño mínimo tamén poderá determinarse en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás.

Artigo 6. Dos moluscos

1. Os tamaños mínimos dos moluscos son os que se recollen no anexo I-B desta orde.

2. Os tamaños mínimos aos cales se refire esta orde tamén serán de aplicación aos moluscos procedentes da acuicultura.

3. Nos moluscos bivalvos e gasterópodos permitirase, en cada lote, ata un 10 % do peso total de individuos de tamaño non regulamentario.

4. O tamaño medirase tal e como se indica no anexo II-B e da seguinte maneira:

a) No caso dos moluscos bivalvos, medindo o eixe maior ou anteroposterior (LAP), excepto a ostra e a ostra rizada, que se medirán no eixe dorsoventral (LDV);

b) No caso dos moluscos cefalópodos:

b.1) O polbo, farase polo peso total unitario;

b.2) A lura, o choco e especies afíns, pola lonxitude dorsal do manto (LDM);

c) No caso dos moluscos gasterópodos:

c.1) As lapas e a peneira, pola lonxitude do seu eixe maior (LEM);

c.2) Os caramuxos, pola maior altura da cuncha (AC), medida desde o ápice ata o extremo distal dos labios da cuncha.

Artigo 7. Dos crustáceos

1. Os tamaños mínimos dos crustáceos serán os que figuran no anexo I-C desta orde.

2. O tamaño medirase tal e como se indica no anexo II-C e da seguinte maneira:

a) Cirrípedos:

a.1.) O tamaño do percebe medirase polo diámetro maior da base do capítulo (DBC), á altura das placas inferiores (desde a base do rostro ata a base da carena). Cando se presente formando piñas, polo menos o 60 % do peso da piña deberá estar constituído por exemplares que acaden o tamaño mínimo.

b) Macruros:

b.1) O tamaño das cigalas medirase:

b.1.1) Paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas ata o borde distal do cefalotórax (lonxitude do cefalotórax, LCT), ou

b.1.2) Desde a punta do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (lonxitude total, LT).

b.1.3) As colas das cigalas, soltas, mediranse a partir do borde anterior do primeiro segmento da cola ata o extremo posterior do telson excluíndo as setae. A medición efecturase ao longo e sen estirar (LC).

b.2) O tamaño do santiaguiño e o camarón medirase desde o extremo distal do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (lonxitude total, LT).

b.3) O tamaño da lagosta medirase pola lonxitude do cefalotórax (LCT), medido desde a punta do rostrum ata o punto medio do borde posterior do cefalotórax.

b.4) O tamaño do lumbrigante medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas ata o bordo posterior do cefalotórax (LCT).

c) Braquiuros:

c.1) Os braquiuros, excepto o boi, mediranse atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT), sobre a liña mediana que vai desde o espazo interorbital, ou entre ambos rostra no caso da centola, ata o borde posterior do cefalotórax.

c.2) O boi medirase atendendo á máxima largura do cefalotórax medida perpendicularmente á liña mediana anteroposterior do cefalotórax (LARCT).

3. Independentemente do seu tamaño, queda prohibida a retención a bordo, o transbordo, o desembarco, o transporte, o almacenamento, a venda, a exposición ou a comercialización das femias ovadas dos crustáceos. No caso de seren capturadas, deberán ser devoltas inmediatamente ao mar. Exceptuaranse da prohibición anterior as femias ovadas da cigala, o cangrexo real, o camarón e o percebe.

Artigo 8. Dos equinodermos

1. Os tamaños mínimos dos equinodermos serán os que figuran no anexo I-D desta orde.

2. O tamaño medirase tal e como se indica no anexo II-D, ao longo do diámetro do seu dermatoesqueleto (casca) pugas (DD).

Disposición adicional única.

Excepcionalmente e sempre que así se recolla nos plans de xestión aprobados pola Administración pesqueira, poderase capturar ameixa babosa cun tamaño mínimo de 35 mm nos bancos marisqueiros incluídos no anexo III desta orde.

Disposición derrogatoria primeira

Derrógase a Orde do 15 de novembro de 1992 pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos.

Disposición derrogatoria segunda

Derrógase canta norma de rango igual ou inferior contraveña o disposto nesta orde.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I-A
Peixes

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Abadexo

Pollachius pollachius

30 cm

POL

Acedía

Dicologlossa cuneata

15 cm

CET

Agulla

Belone belone

25 cm

GAR

Alcrique

Scomberesox saurus

18 cm

SAU

Anguía

Anguilla anguilla

20 cm (1)

ELE

Barbadas

Gaidropsarus spp.

20 cm

ROL

Bertorellas

Phycis spp.

25 cm

FOX

Boga

Boops boops

11 cm

BOG

Bolos

Ammodytes spp.

15 cm

SAN

Bolo verde

Hyperoplus lancelolatus

15 cm

YEZ

Breca

Pagellus erythrinus

25 cm

PAC

Cabra de altura

Helicolenus dactylopterus

20 cm

BRF

Castañeta

Brama brama

16 cm

POA

Cherna

Polyprion americanus

50 cm

WRF

Congro

Conger conger

58 cm

COE

Ciruxo

Scophthalmus rhombus

30 cm

BLL

Choupa

Spondyliosoma cantharus

23 cm

BRB

Doncela

Coris julis

14 cm

COU

Dourada

Sparus aurata

19 cm

SBG

Escachos

Trigla spp.

20 cm

GUY

Escarapotes

Scorpaena spp.

18 cm

SCS

Faneca

Trisopterus luscus

15 cm

BIB

Fodón

Trisopterus minutus

15 cm

POD

Linguados

Solea spp.

24 cm

SOO

Lirio

Micromesistius poutassou

18 cm

WHB

Madrela

Ciliata mustela

20 cm

LCM

Maragota ou pinto

Labrus bergylta

20 cm

USB

Maruca

Molva molva

63 cm

LIN

Melga

Squalus acanthias

85 cm

DGS

Melgacho

Scyliorhinus canicula

40 cm

SYC

Merlán

Merlangius merlangus

27 cm

WHG

Mero

Epinephelus marginatus

50 cm

GPD

Muxos

Chelon labrosus, Mugil spp.

20 cm

MLR,MGS

Pancho bicudo

Pagellus acarne

25 cm

SBA

Peixe pau

Molva dypterygia

70 cm

BLI

Pescada

Merluccius merluccius

27 cm

HKE

Piarda común

Atherina presbyter

10 cm

ATP

Pión de altura

Argentina sphyraena

12 cm

ARY

Pargo

Pagrus pagrus

15 cm

RPG

Rapantes

Lepidorhombus spp.

20 cm

LEZ

Rei

Labrus mixtus

15 cm

USI

Robaliza

Dicentrarchus labrax

36 cm

BSS

Roxa

Scyliorhynus stellaris

55 cm

SYT

Rodaballo

Psetta maxima

30 cm

TUR

Saboga

Sarpa salpa

15 cm

SLM

Salmonetes

Mullus spp.

15 cm

MUX

Sanmartiño

Zeus faber

25 cm

JOD

Sardiña

Sardina pilchardus

11 cm

PIL

Sargos

Diplodus spp.

22 cm

SRG

Serrán cabra

Serranus cabrilla

15 cm

CBR

Serrán común, vello

Symphodus spp.

14 cm

WRA

Solla

Platichthys flesus

25 cm

FLE

Solla de altura

Pleuronectes platessa

27 cm

PLE

Trancho

Sprattus sprattus

11 cm

SPR

Xardas

Scomber spp.

20 cm

MAZ

Observacións:

(1) O tamaño mínimo da anguía (Anguilla anguilla) será de 20 cm (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e os ecosistemas acuáticos continentais).

ANEXO I-B
Moluscos bivalvos

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Ameixa babosa

Venerupis pullastra

38 ou 35 mm (1)

CTS

Ameixa bicuda

Venerupis aurea

25 mm

VNA

Ameixa fina

Ruditapes decussatus

40 mm

CTG

Ameixa rubia

Venerupis rhomboides

40 mm

VNR

Ameixa xaponesa

Ruditapes philippinarum

35 mm (2)

CLJ

Ameixón

Callista chione

60mm

KLK

Arola

Lutraria lutraria

50 mm

UTL

Berberecho

Cerastoderma edule

25 mm

COC

Berberecho bravo

Acanthocardia echinata

60 mm

AKJ

Cadelucha

Donax spp.

35 mm

DOM

Carneiro

Venus verrucosa

40 mm

VEV

Chirla

Chamelea gallina

25 mm

SVE

Cornicha

Spisula solida

25 mm

ULO

Longueirón

Ensis siliqua

100 mm

EQI

Longueirón vello

Solen marginatus

80 mm

RAE

Marolo

Acanthocardia tuberculata

60 mm

KTT

Navalla

Ensis arcuatus

100 mm

EQK

Ostra

Ostrea edulis

60 mm

OYF

Ostra rizada

Crassostrea gigas

60 mm

OYG

Rabioso

Glycymeris glycymeris

40 mm

GKL

Reló

Dosinia exoleta

30 mm

DSX

Saltón

Laevicardium crassum

60 mm

LVC

Vieira

Pecten maximus

100 mm

SCE

Volandeira

Aequipecten opercularis

40 mm

QSC

Zamburiña

Chlamys varia

40 mm

VSC

Observacións:

(1) Excepcionalmente, e sempre que así se recolla nos plans de xestión aprobados pola administración pesqueira, poderase capturar ameixa babosa (Venerupis pullastra) cun tamaño mínimo de 35 mm nos bancos marisqueiros incluídos no anexo III desta orde (disposición adicional única desta orde).

(2) O tamaño mínimo da ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) será de 35 mm (Regulamento (CE) nº 43/2009 prorrogado polo Regulamento (CE) nº 1288/2009 e polo Regulamento (UE) nº 579/2011).

Moluscos cefalópodos

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Lura (calamar)

Loligo vulgaris

10 cm

SQR

Choco

Sepia officinalis

8 cm

CTC

Choquiño

Sepia elegans

4 cm

EJE

Polbo

Octopus vulgaris

1.000 gramos

OCC

Puntillas

Alloteuthis spp.

6 cm

OUW

Moluscos gasterópodos

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Caramuxos

Littorina littorea, Monodonta lineata

1,5 cm

PEE

Lapas

Patella spp.

2 cm

LPZ

Peneira

Haliotis tuberculata

5 cm

HLT

ANEXO I-C
Crustáceos

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Boi

Cancer pagurus

13 cm

(largura do cefalotórax)

CRE

Camarón común

Palaemon serratus

5 cm (lonxitude total)

CPR

Cangrexo real

Chaceon affinis

10 cm

(lonxitude do cefalotórax)

KEF

Centola

Maja brachydactila

12 cm

(lonxitude do cefalotórax)

JCX

Cigala

Nephrops norvegicus

2 cm (lonxitude do cefalotórax)

7 cm (lonxitude total)

3,7 cm (colas das cigalas)

NEP

Conguito

Liocarcinus corrugatus

3,5 cm

(lonxitude do cefalotórax)

ICC

Lagosta

Palinurus elephas

9,5 cm

(lonxitude do cefalotórax)

SLO

Lumbrigante

Homarus gammarus

8,7 cm

(lonxitude do cefalotórax)

LBE

Nécora

Necora puber

5,5 cm

(lonxidude do cefalotórax)

LIO

Percebe

Pollicipes pollicipes

1,5 cm

(diámetro maior da base do capítulo)

PCB

Santiaguiño

Scyllarus arctus

9 cm

(lonxitude total)

SCY

ANEXO I-D
Equinodermos

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Ourizo

Paracentrotus lividus

5,5 cm

URM

Ourizo comestible

Echinus esculentus

6 cm

URS

ANEXO I-E
Cadro recordatorio da normativa comunitaria aplicable a
determinadas especies de peixes

Nome comercial

Nome científico

Tamaño mínimo

Código FAO

Atún vermello

Thunnus thynnus thynnus

115 cm ou 30 kg (1)

BFT

Bocarte

Engraulis encrasicolus

10 cm/12 cm (2)

ANE

Bonito do norte

Thunnus alalunga

1,5 kg (3)

ALB

Ollomol

Pagellus bogaraveo

35 cm (4)

SBR

Peixe espada

Xiphias gladius

125 cm ou 25 kg (5)

SWO

Peixes sapos

Lophius spp.

30 cm (6)

MNZ

Raias

Raja spp.

40 cm (7)

SKA

Xurelos

Trachurus spp.

15 cm (8)

JAX

Observacións:

(1) A frota de cebo vivo ou de curricán no Atlántico oriental poderá capturar atún vermello de peso comprendido entre 8 e 30 kg de peso mínimo, na cota que determine o Consello de Ministros da Unión Europea (Regulamento (UE) nº 302/2009).

(2) O tamaño mínimo do bocarte (Engraulis encrasicolus) será de 10 cm na zona IX CIEM Fisterra sur e 12 cm na zona VIII CIEM Fisterra norte (Regulamento (CE) nº 850/1998).

(3) O tamaño mínimo do bonito do norte (Thunnus alalunga) será de 1,5 kg (Regulamento (CE) nº 2406/1996).

(4) O tamaño mínimo do ollomol (Pagellus bogaraveo) será de 35 cm, coa excepción de que un máximo do 15 % do peixe capturado, pode ter 30 cm (Regulamento (UE) nº 1225/2010).

(5) O tamaño mínimo do peixe espada (Xiphias gladius) será de 125 cm ou 25 kg (Regulamento (CE) nº 520/2007). Toleraranse as capturas accidentais de peixe espada do Atlántico de tamaño inferior ao establecido sempre e cando as ditas capturas accidentais non superen o 15 %, expresado en número de individuos por desembarque, das capturas totais de peixe espada do buque considerado (Regulamento (CE) nº 43/2009).

(6) O tamaño mínimo dos peixes sapos (Lophius spp.) será de 30 cm. No caso de que se presente enteiro e eviscerado o peso unitario será de 500 gramos ou de 200 gramos, se se presenta sen cabeza. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).

(7) O tamaño mínimo das raias (Raja spp.) no caso de que se presente enteira será de 40 cm ou de 500 gramos cando só se presentan as ás. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).

(8) O tamaño mínimo dos xurelos (Trachurus spp.) será de 15 cm, con excepción do 5 % da cota asignada a España, que poderá ter un tamaño entre 12 e 14,99 cm. Para os efectos de control desta cantidade, aplicarase o coeficiente 1,2 ao peso dos desembarques (Regulamento (UE) nº 57/2011).

ANEXO III
Bancos marisqueiros en que se poderá aplicar a disposición adicional unica

1. Bancos marisqueiros situados nas augas continentais definidas como:

Zonas de desembocadura no mar comprendidas entre o límite superior das augas salobres e o límite inferior que vén determinado polas liñas que a seguir se relacionan, de conformidade co establecido no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

– Río Eo: a ponte dos Santos.

– Río Masma: liña recta imaxinaria que une punta Prados coa punta do dique de Foz.

– Río Ouro: a ponte do ferrocarril Ferrol-Gijón.

– Río Landro: liña recta imaxinaria que une a punta do peirao de Celeiro co illote da Insua.

– Rio Sor: liña recta imaxinaria que une a punta do Castro coa punta do Santo.

– Río Mera e Baleo: liña recta imaxinaria que une punta Ladrido con punta Descada ou Sartán.

– Ríos Cedeira, Esteiro e Loira: liña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira.

– Ríos Xubia e Belelle: a ponte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume.

– Río Eume: liña recta imaxinaria que une a punta Madalena coa punta Sentroña.

– Ríos Mandeo, Lambre e Baxoi: liñas rectas imaxinarias que unen a punta Bañobre coa punta dos Curbeiros de Miño, e esta última coa punta Mauruxo.

– Río Mero: liña recta imaxinaria que une a punta Fiaiteira co varadoiro de Oza.

– Río Anllóns: liña recta imaxinaria que une a punta Balarés coa punta Padrón.

– Río Grande: liña recta imaxinaria que une a punta Sandría coa punta Roda.

– Ríos Tambre, Tines e Sóñora: liña recta imaxinaria que une a punta do Requeixo coa punta Testal.

– Río Ulla: liña recta imaxinaria que une a punta Seveira con punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril.

– Río Umia: liña recta imaxinaria que une a punta San Sadurniño coa punta Borrelo.

– Río Lérez: liñas rectas imaxinarias que unen a punta Campelo co extremo distal do dique da canle do río, e este último coa punta dos Praceres.

– Río Verdugo: liña recta imaxinaria que une a punta Ulló coa punta Muxeira.

2. Bancos marisqueiros situados nas aguas marítimas e definidos polas liñas que se indican a seguir e segundo os mapas do anexo IV.

– Na ría de Vigo: na enseada de San Simón: zona comprendida por dentro da liña recta imaxinaria que une as marxes norte e sur da ponte de Rande.

– Na ría de Arousa: na enseada do Grove:

– Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que une a punta Peralto coa punta Mourisca;

– Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que une a punta Cabreirón co con de Toxa Pequena e co sur da punta Correlo.

– Na ría de Ferrol: no banco das Pías: zona comprendida entre a liña recta imaxinaria que une as marxes leste e oeste da ponte do ferrocarril e a liña recta imaxinaria que une a punta das Pías coa punta do Montón.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
 

 

0 comentarios