Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

O BNG denuncia a falta de efectivos de Gardacostas para controlar o furtivismo

O BNG denuncia a falta de efectivos de Gardacostas para controlar o furtivismo

O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou na Cámara autonómica unha iniciativa sobre o furtivismo na que, por unha banda, solicita a posta en marcha de políticas de emprego que reinserten laboralmente aos furtivos e, pola outra, esixe que o servizo de Gardacostas se encargue da vixiancia “a pé de areal”, en palabras de Daniel Rodas.
O deputado nacionalista recorda que este servizo ten este ano un orzamento de 13 millóns pero lamenta que este diñeiro se invista “en privatizar o servizo” e denuncia que “a única medida que se adoptou foi a uniformidade. Como se os traxes de gala e as medallas servisen para ter máis contacto co sector do mar”, asegura Rodas.
O parlamentario do BNG denuncia que mentras tanto se están a producir conflitos en Cabo de Cruz “con tintas bastante perigosas”.
Rodas considera, en primeiro termo, que “o furtivismo é un drama social que pon en evidencia o fracaso das políticas de emprego”. Por elo reclaman ao goberno galego de Alberto Núñez Feijóo medidas “efectivas” contra o desemprego.
Pero ademais o BNG denuncia que “sucesos como o acontecido na confraría de Cabo de Cruz ou recentemente nos bancos de Areal e Raposiños, onde cinco mariscadoras ilegais acosaron a  dous vixiantes da confraría da Pobra, traen a colación unha situación grave onde os furtivos campan ás súas anchas”. Unha situación que, di Rodas, favorece a “inhibición” de Gardacostas na Garda Civil e a Policía Autonómica. O deputado critica asemade que a Consellería do Mar “mentras privatiza o servizo teña o cinismo de encargar a vixiancia ás confrarías e ás mariscadoras de a pé”. Rodas denuncia que “dez dos trece millóns” do orzamento de Gardacostas “van para remolcanosa” mentras que, di, os efectivos redúcense considerablemente xa que non se cubren as xubilacións. “Na base de Riveira chegaron a contarse 23 efectivos. Hoxe sen día son seis e un xefe aos que hai que sumar dous interinos sen formación”.
A Consellería do Mar resposta que en outubro acordou asignar tres gardapescas á confraría de Cabo de Cruz que, din desde a Xunta, pode contratar máis efectivos por conta propia. “Non hai que esquecer que o furtivismo nesta zona xa está sendo perseguido polo Servizo de Gardacostas e polos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado”, sinalan desde a Xunta.

Fuente:Diario de Arousa

0 comentarios