Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

A salinidade nos parques desplómase á metade e aumenta a preocupación a perder a produción

A salinidade nos parques desplómase á metade e aumenta a preocupación a perder a produción

A situación nos parques de Carril está, tras as intensas precipitacións de días pasados, “regular tirando a moi mal”, en palabras do propio patrón maior, Fernando Franco. O marisco de non poucos viveiros está “tocado” e, a pesar das últimas 48 horas sen chuvias, o índice de salinidade mantense moi baixo, co perigo que elo supón para a supervivencia dos bivalvos. Unha mortandade agora do marisco que hai nos viveiros suporía tirar polo chan a campaña de Nadal e as de inicio de 2010. Os ollos de moitos carrilexos están postos estes días no río Ulla, que deixa na súa desembocadura (preto da que hai viveiros) unha inxente cantidade de auga doce que leva no seu importante caudal, aumentando coas pasadas chuvias.

O patrón maior da Confraría de Carril, Fernando Franco, sinalaba que ata a vindeira seca non poderá determinarse con exactitude os efectos no marisco, sobre todo na ameixa babosa, das intensas choivas caídas en días pasados.

Non obstante, indica o patrón, as medicións do índice de salinidade realizadas na xornada de onte en dterminadas zonas de viveiros non apuntaban precisamente ao optimismo. A pesar das escasas precipitacións caídas nas últimas 48 horas, a salinidade está moi por debaixo do seu nivel habitual. E iso pode significar malas perspectivas para o marisco dos parques.

“Leva dous días sen chover e, a dous metros de profundidade, o índice de salinidade está nun 15 ou nun 16, cando o normal é vintemoitos ou 30”, afirmaba na mañá de onte o patrón carrilexo. “E se falamos da superficie, alí o nivel de salinidade é de 2, moi baixa”, engadía.

Que a baixa salinidade se manteña a pesar da tregua dada polas chuvias pode respostar, indican desde a Confraría de Carril, a que aos viveiros, sobre todo aos da zona do Bao, segue a chegar unha alta aportación de auga doce, neste caso procedente do río Ulla.

O río ven cun inxenete caudal de auga doce acumulado nas choivas de todos estes días, e esa auga vai desembocar a una zona, coma é o caso de Carril, altamente sensible aos cambios de salinidade no seu habitat.

A principios da semana pasada, o temor a unha nova riada, temor xerado ante a intensidade das precipitacións, levou a propietarios de viveiros a decidir reparcar parte da súa produción marisqueira.

As chuvias mantiveron a intensidade ao longo dos días posteriores e, nalgúns viveiros ubicados na zona do Bao, detectáronse as primeiras mortandades de poboacións de ameixa babosa, a máis sensible ás variacións bruscas na salinidade.

 


Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios