Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Mar destina máis de 1.500.000 euros a axudas para completar a xubilación de mariscadoras

Mar destina máis de 1.500.000 euros a axudas para completar a xubilación de mariscadoras

A Consellería de Mar establece para este ano axudas por un valor dun total de 1.508.000 euros para que mariscadoras e mariscadores a pé poidan completar os periodos mínimos de cotización ao réxime especial de traballadores do mar e acadar así a súa pensión de xubilación. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba hai uns días esta orde do departamento marítimo da Xunta de Galicia, unha importante medida lexislativa a través da cal desde a administración autonómica preténdese axudar e facilitar unha xubilación digna para aqueles traballadores e traballadoras do sector do marisqueo a pé que non tivesen acadado o mínimo de cotización prevista.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba recientemente unha Orde da Consellería de Mar pola que se stablecen as bases reguladoras das axudas para que mariscadoras e mariscadores a pé poidan “completar os periodos mínimos de cotización ao rexime especial de traballadores do mar co obxecto de alcanzar a pensión de xubilación”.

Segundo se estipula nesta orde, “os mariscadores deben de cesar na súa actividade, dándose de baixa no censo correspondente, no mesmo día en que fagan 65 anos, polo que, en tales circunstancias, poderían solicitar a correspondente pensión de xubilación”.

Pero desde a Xunta recoñécese que “non obstante, existe un colectivo de mariscadoras que ao finalizar a súa actividade profesional por facer a súa idade anteriormente indicada non pode desfrutar da pensión por xubilación por non ter o periodo mínimo de cotización requeirdo pola Seguridade Social”.

Por elo, a Consellería de Mar entende que se fai necesario “o establecemento de axudas asistenciais que permitan colaborar no pagamento das súas cotizacións para completar, mediante a suscrición dun convenio especial coa Seguridade Social, os seus periodos mínimos de cotización ao rexime especial de traballadores do mar, co obxecto de acadar unha pensión de xubilación”. Unha achega económica importante para este colectivo de profesionais.

 

Requisitos > Na Orde publicada no DOG establécese, no artículo segundo, quen poder ser beneficiario destas axudas da administración autonómica.

Así, indícase que “poderán solicitar as axudas reguladas nesta orde aqueles que tivesen permiso de explotación para o marisqueo en vigor ata o día inmediato anterior á data en que fagan os 65 anos”, “que, unha vez feitos os 65 anos, teñan prorrogado o Permex”, e “aquelas persoas que obtiveron axudas na derradeira convocatoria”.

Entre os requisitos dos beneficiarios, establécese “ter exercido a actividade marisqueira a pé durante os deza anos anteriores á data de cesamento nesta”, así coma “ter cotizado á Seguridade Social un periodo mínimo de 10 anos”, anque bastaría “un periodo mínimo de 9 anos para as persoas solicitantes” que cumpran determinadas condicións.

Con esta medida, a administración autonómica mantén a liña de axudas e apoios ao colectivo marisqueiro seguida en exercicios anteriores.


Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios