Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

Parques Nacionais e pósitos analizan o impacto do Plan de Xestión na flota

Parques Nacionais e pósitos analizan o impacto do Plan de Xestión na flota

A contorna dos arquipélagos de Cortegada e Sálvora teñen unha riqueza produtiva tanto pesqueira coma marisqueira que desde hai séculos é traballada polos arousáns.

Ambos espazos están incluidos no Parque Nacional das Illas Atlánticas, cuxo organismo rector está inmerso na elaboración dun Plan Rector de Uso e Xestión (PRUX) que afecta tamén á actividade extractiva que a flota de baixura arousá realiza nesas zonas.

Os patróns maiores de Carril, Fernando Franco, e Aguiño, José Manuel Oujo, asistiron esta semana a unha xuntanza con representantes do Parque Nacional, un encontro no que se abordou o impacto que podería ter este plan nos sectores das confrarías do Salnés e de Barbanza que faenan en Cortegada e Sálvora, así coma nos illotes anexos (Malveiras, Vionta,...).

“Informáronnos de que haberá novas reunións dese organismo coas confrarías”, sinalou na mañán de onte Fernando Franco, que lembrou que nas Rías Baixas hai numerosos pósitos con sectores que faenan en zonas que están afectadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

Posicionamento > Hai que lembrar que a primeira impresión que o borrador do Plan Recotor de usos e Xestión (PRUX) causou nas confrarías non foi positiva, tal e como a Federación de Pósitos manifestou o pasado mes de xaneiro a través dun comunicado.

Os 21 pósitos das Rías Baixas acordaron por unanimidade nunha xunta celebrada en xaneiro solicitar a “retirada inmediata” do borrador do PRUX, que calificaban naquel entón de “aberración e chapuza” polas consecuencias que podía ter no sector do mar.

Este borrador mesmo chegou a ser descrito coma “insultante e indignante para os sectores pesqueiro e marisqueiro, no que a curto prazo se pretende acabar coa súa actividade nas inmediacións dos arquipélagos de Cies, Ons, Sálvora e Cortegada” en beneficio doutras coma o turismo.

Para os pósitos arousáns, pontevedreses e vigueses, o documento implicaba pouco menos que “a prohibición da actividade pesqueira e marisqueira en moitos lugares do entorno do Parque, establecendo zonas de reserva, zonas restrinxidas e zonas de uso moderado”.

As confrarías lembraban que o artigo 1d da lei pola que se declara o Parque Nacional das Illas Atlánticas estipula entre os seus obxectivos “promover e apoiar no interior do parque as actividades tradicionais” coma son, di a Federación, a pesca e marisqueo.

Non obstante, ese documento do PRUX non era unha proposta pechada, senón un borrador, coa finalidade de ser sometido a análise e negociación cos diferentes sectores e entidades. Un proceso no que desde o Parque Nacional das Illas Atlánticas se estaría actualmente e no que senmarcan as xuntanzas con representantes das confrarías.



Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios