Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

A lonxa de Carril facturou máis de 560.000 euros no primeiro trimestre

A lonxa de Carril facturou máis de 560.000 euros no primeiro trimestre

A lonxa de Carril facturou preto de 570.000 euros no primeiro trimestre deste ano, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao volume de negocio dos tres primeiros meses de 2009 (514.000 euros), segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca da Xunta de Galicia.

Entre xaneiro, febreiro e marzo, a rula carrilexa subastou máis de 93 toneladas de diferentes recursos, o que xerou uns ingresos por un total de 569.247 euros.

A especie con maior peso económico neste primeiro trimestre de 2010 foi a ameixa xapónica, da que se subastaron 49.000 quilogramos, xerando unha facturación de 260.000 euros.

A continuación figura a ameixa babosa, cun volume de negocio de case 160.000 euros, produto das vendas na rula de Carril de 11.051 quilos deste bivalvo.

No que respecta ao berberecho, subastáronse máis de 26,8 toneladas, e a facturación por este produto foi nese trimestre de preto de 85.000 euros.

Pola venda de 6.688 quilogramos de ameixa babosa, na lonxa de Carril obtívose un volume de negocio de 63.835 euros.

O resto dos produtos subastados tiveron unha presenza case que residual en termos económicos. Así, vendéronse 90 quilos de anguía (537 euros), 42 de navalla (350 euros) e pouco máis de 10 quilogramos de ameixa bicuda.

As lonxas da Ría de Arousa subastaron en marzo 3.732 toneladas de diferentes recursos, poxas que xeraron unha facturación de 6.895.000 euros, o que representa un aumento do sete por cento con respecto a ese mesmo mes do ano pasado.

Un incremento importante pero que, non obstante, non contraresta os malos resultados rexistrados en xaneiro e febreiro deste mesmo exercicio na maioría das rulas das comarcas do Barbanza e O Salnés.


Fuente: Diario de Arousa

0 comentarios