As mariscadoras levan sen poder faenar na Compostela desde o verquido de outubro
Un mes e medio despois de que unha gran mancha, presuntamente de gasoil, fixese aparición na praia da Compostela, dito verquido segue a pasar factura a colectivos productivos da Confraría que traballaban nesa zona, como a Agrupación de Marisqueo a Pé.
As mariscadoras carrilexas recoñecían onte que levaban desde o 24 de outubro, día do derrame de combustible, sen ir traballar á concesión da Compostela: “Moito marisco morreu e o pouco que quedou temos medo de que cheire a gasoil e non vala para ser comercializado”, sinalan desde a directiva do colectivo da pé.
Unha situación que obriga ás socias deste colectivo a desenvolver a campaña de Nadal nas áreas que posúen nos Lombos do Ulla, cando A Compostela era tradicionalmente, por estas datas navideñas tan importantes en canto a volume de negocio, un banco de gran importancia para as mariscadoras. Daí saía boa parte da ameixa e berebrecho que se subastaba en lonxa ao longo dun mes que, coma o de decembro, é propio para obter boas cotizacións para o marisco.
Así pois, o verquido de hai mes e medio chafou boa parte da campaña de Nadal deste colectivo. “O vindeiro día 20, coa marea, iremos comprobar se o marisco vale para sacar e vender”, indican desde a dirección da agrupación.
Mentres, as profesionais carrilexas denuncian que gran parte do marisco que había nesa área da Compostela faleceu, algo que atribúen ao verquido, mentres que o resto queda debilitado e en condicións que non facilitan a súa extracción e venda.
De feito, a mortandade de ameixa e berberecho na zona afectada polo dito verquido xa foi constatado polo colectivo de marisqueo a pé horas despois de detectar este derrame, alertando xa enton dos perxuizos e consecuencias negativas que elo suporía para a economía das profesionais carrilexas.
Mortandade >A propia Confraría encargou un estudo, actualmente en fase de rematarse, para valorar o impacto do verquido neses bancos produtivos.
Segundo diversas fontes, dito documento recollería que se deron importantes niveis de mortandade nas zonas afectadas polo derrame.
Neste sentido, cómpre lembrar que a mediados do pasado mes de novembro, desde o Intecmar (Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño) de Vilaxoán, sinalábase, tras realizar diversas mostraxes na Compostela a raíz do verquido, que “os niveis de benzopireno están moi por debaixo do establecido pola lexislación”.
Fuente: Diario de Arousa
0 comentarios