Rosa Abuín acusa ao PP de crear un falso debate en Carril sobre a Festa da Ameixa
A concelleira Rosa Abuín, responsable da Área de Promoción Económica, considera que o PP está a crear un “falso debate” en Carril sobre a Festa da Ameixa. Abuín sinala que o Partido Popular presentou unha moción para que este evento se declarara de interese turístico galego, “cando xa conta coa distinción de interese turístico estatal”.
Malia as explicacións da concelleira, sinalan desde Ravella, e mesmo a oportunidade de cambiar o sentido da proposta, a fin de que a Xunta a recoñecera “de modo singular” como de interese turístico galego, “o certo é que o grupo popular preferiu manter a súa moción tal como a presentara”, a sabendas de que non tiña sentido, “e coa única intención de provocar o voto en contra do goberno municipal, para así ter algo que dicir ao pobo de Carril”.
Para a concelleira nacionalista, o que procuraba o PP coa súa moción era cambiar as datas da festa e deixar fóra da organización á Confraría e aos mariscadores para asumir a organización o Concello.
Populares > Pola súa parte, o Partido Popular de Vilagarcía afirmou lamentar “que o bipartito local veña de tirar abaixo a moción para solicitar que a Festa da Ameixa de Carril sexa declarada de Interese Turístico Galego por un capricho dos seus concelleiros e, en especial, da titular de promoción económica, Rosa Abuín, que continúa coa cabezonería de dicir que a Festa xa conta con ese recoñecemento”
Os populares insisten en que o que está declarado de Interese Turístico Galego “(e mesmo nacional) é a festa de San Roque, tal e como pode comprobarse tanto na páxinas web de Turgalicia”, denunciando que o verdadeiro motivo que levou ó bipartito a rexeitar a moción é levarlle a contraria ó PP. “Algo especialmente grave dado que 5 dos 10 membros do equipo de goberno son de Carril, e que está a perxudicar aos seus veciños por non recoñecer os logros do PP e para defender os seus caprichos e cabezonerías políticas”, indican os populares.
Fuente: Diario de Arousa
0 comentarios