O concello ofrece dúas datas alternativas para a Festa da Ameixa de Carril
A Festa da Ameixa de Carril, continúa sen encaixar na fin de semana do 20 de agosto ao non poder garantirse os parámetros de seguridade. Esta é a postura final do concello de Vilagarcía, quen ofreceu ao Patrón Maior de Carril dúas datas alternativas, para celebrar os 25 anos desta celebración gastronómica sen coincidir no mesmo fin de semana co Combate Naval e o Festival das Revenidas en Vilaxoán.
O concello de Vilagarcía non se descabalga e mantense na súa postura de que unha celebración simultánea da Festa da Ameixa de Carril, o Combate Naval de Vilagarcía e o Festival Revenidas de Vilaxoán, a terceira fin de semana de agosto, non é viable por motivos de seguridade. Este aspecto segue a ser o "Talón de Aquiles" de esta polémica. Por iso dende o consistorio ofreceron ao Patrón Maior de Carril a posibilidade de celebrar a Festa da Ameixa noutras dúas datas alternativas; a fin de semana do 13 ou a do 26 de agosto. Unhas datas que segundo afirmaron dende o concello se ofreceron como alternativa dende o mes de xaneiro, e das que segundo afirmaron dende o consistorio, o Patrón Maior desoíu concertando todo o referente para a celebración na fin de semana desaconsellada. Despois dunha reunión de máis dunha hora de duración o Patrón Maior abandonou o concello sen querer facer declaracións, aínda que asegurou que convocará unha rolda de prensa para explicar cal será a postura da Confraría de Carril ante esta situación.
Fuente:Canal Rias Baixas
0 comentarios