A reunión entre o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o patrón maior de Carril, José Luis Villanueva, para tentar desbloquear a celebración da Festa da Ameixa rematou sen acordo.
As posturas mantivéronse distantes: a confraría continúa coa súa intención de celebrar o evento gastronómico o 19 e o 20 de agosto e o concello presentou dúas posibles datas: o 14 e 15 de agosto ou o 26 e 27.
O goberno local sigue argumentando que por motivos de seguridade a festa da Ameixa non pode coincidir coas outras dúas citas relevantes do programa de San Roque: As Revenidas, en Vilaxoán, e o Combate Naval.
Dende a confraría alegan a contratación das orquestas para a fin de semana do 19.
Escuchar la noticia:
https://www.ivoox.com/19594826
0 comentarios