Aumenta a polémica da Festa da Ameixa trala reunión do patrón coa oposición
Durou pouco a calma entre Ravella e a Confraría de Carril pola polémica da Festa da Ameixa, trala reunión mantida o martes. O concello critica a xuntanza que ó día seguinte mantivo o patrón coa oposición; e éste solicita outra reunión, esta vez a tres, entre confraría, goberno e oposición. Esta mañá falamos coas dúas partes do conflito . Trala reunión mantida este martes en Ravella, entre o patrón maior de Carril e representantes do goberno local, parecía que asomaba un principio de acordo, ó ceder o concello e respectar a data de celebración, o 19 e 20 de agosto; e ó comprometerse a confraría a realizar un Plan de Autoprotección. Un proxecto que tal e como nos comentou esta mañá o patrón, José Luis Villa nueva, xa está en marcha e agarda que esté listo a próxima semana. Aínda así, quedaban algúns puntos de diverxencias, que aumentaron ó día seguinte trala reunión celebrada no pósito entre o patrón e representantes dos partidos da oposición. O concello acusa a José Luis Villanueva, de politizar a desputa da festa. Desde o concello non entenden, ademais, porqué houbo unha dobre representación do partido popular, ó asistir o presidente local deste partido, ademais dunha concelleira. O goberno pide seriedade ó populares neste tema. O patrón maior asegura que seguirá recorrendo á oposición e a quen faga falta, para asegurarse de que a Festa da Ameixa conte con tódolos requisitos que necesita para manter a súa distinción de Interese Turístico de Galicia, e que continúa advertindo que a pesar das promesas das reunión, o goberno local continúa sen ser equitativo coas axudas ós diferentes eventos do concello. José Luis Villanueva explicounos xa ten solicitara unha reunión a tres, para que asistan os voceiros dos partidos da oposición do concello, o alcalde ou unha representación do goberno local, e eles mesmo como organizadores da Festa da Ameixa, para conseguir aclarar aspectos que non quedaron nítidos trala xuntanza celebrada a comezos de semana en Ravella.
Fuente: Canal Rias Baixas
0 comentarios