Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

FESTA AMEIXA CARRIL

XVIII FESTA AMEIXA CARRIL

A Festa da Ameixa celebra a súa maioría de idade esta fin de semana servindo 6.000 racións da mellor ameixa do mundo

A Festa da Ameixa celebra a súa maioría de idade esta fin de semana servindo 6.000 racións da mellor ameixa do mundo

Carril acolle esta fin de semana a XVIII Festa da Ameixa, un evento gastronómico que celebra a súa maioría de idade servindo 6.000 racións da mellor ameixa do mundo cociñada á mariñeira, como manda a tradición. Aínda que o máis importante é degustar a saborosa ameixa de Carril, a festa contará con moitos máis alicientes, como o concurso de pratos, o nomeamento de Donas e Cabaleiros da Orde da Ameixa, entrega de premios e actuacións musicais e folclóricas.

A Festa da Ameixa está organizada pola Concellería de Promoción Económica, a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol e a Agrupación de Parquistas. Estes dous colectivos son os encargados de subministrar e cociñar os 2.000 quilos de ameixa que se servirán durante a degustación a celebrar o domingo, 22 de agosto na Alameda de Carril. O día antes, o sábado 21, pola tarde, desenvolverase o Concurso de pratos cociñados a base de ameixa, no que poderán parrticipar tanto cociñeiros afeccionados como hostaleiros. Os interesados deberán inscribirse nas dependencias da Confraría ou nas oficinas dos parquistas, habendo un tope de 50 participantes. Un xurado catará os pratos e fallará tres premios que se darán acoñecer o domingo, no transcurso dos actos principais da Festa da Ameixa. O primeiro será de 1.000 euros, o segundo de 500 e o terceiro de 250. Todos os participantes recibirán un diploma. O día grande da Festa da Ameixa será o domingo cando o pregoeiro dea o pistoletazo oficial de saída á degustación. O pregoeiro deste ano é Tomás Alonso, o reporteiro do programa gastronómico da TVG “Larpeiros”. A continuación levarase a cabo o nomeamento de donas e cabaleiros da Orde da Ameixa coa imposición das bandas e boinas que leva como enseñas. Actuacións musicais e folclóricas animarán a xornada na que está previsto poñer a disposición dos comensais 6.000 racións de ameixa á mariñeira. A organización optou por manter os prezos da pasada edición, fixados en 8 euros a ración de ameixa e 7 a botella de viño. A concelleira de Promoción Económica, Rosa Abuín, salientou a importancia que a Festa da Ameixa ten para Vilagarcía a nivel de promoción turística e económica e tamén para exaltar e espallar a ben merecida fama, as virtudes e cualidades da Ameixa de Carril, “a mellor do mundo” e o “produto por antonomasia polo que Carril e Vilagarcía son coñecidos en toda España”.

 

A Orde da Ameixa recoñece a Rosa Quintana, Javier Gago, Rosa Abuín e á Autoridade Portuaria

A Orde da Ameixa recoñece a Rosa Quintana, Javier Gago, Rosa Abuín e á Autoridade Portuaria

O Consello Xeral da Orde da Ameixa decidiu nomear Dona e Cabaleiro da entidade á conselleira de Pesca, Rosa Quintana, e ó ex alcalde de Vilagarcía, Javier Gago López. Coa concesión do seu máximo galardón, a Orde recoñece a labor que estas dous persoas realizaron en defensa, promoción e exaltación da Ameixa de Carril e da Festa da Ameixa.

A lista de distincións que se outorgan con motivo da décimo oitava edición da Festa da Ameixa inclúe a concesión das Ameixas de Ouro e Prata, que nesta ocasión recaen na institución da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, e na concelleira de Promoción Económica e Innovación e veciña de Carril, Rosa Abuín. Os galardóns complétanse coa concesión do título de Parquista de Honra á persoa de Secundino Abelenda Ares e do do Parquista Xoven á de Lucía Tourís Otero.

Os nomeamentos e persoas nas que recaen cada ano as distincións da Orde da Ameixa decídeas o Consello Xeral da entidade un órgano composto polo Gran Maestre, o Cultivador Maior, o Comendador, o secretario, o Sementeiro, o Lustrador e o Orde. A entrega dos títulos coa imposición das enseñas que os caracterizan celebrarase o domingo 22 de agosto a partir do mediodía na Praza da Liberdade de Carril, no transcurso dos actos principias previos á degustación da XVIII Festa da Ameixa de Carril.

Fuente: www.ivilagarcia.com

Carril repartirá seis mil raciones de "la mejor almeja del mundo"

Carril repartirá seis mil raciones de "la mejor almeja del mundo"

Carril repartirá más de dos mil kilos de almejas preparadas en seis mil raciones el próximo fin de semana. Así lo anunció el patrón mayor de esa cofradía, Fernando Franco, que ayer presentó la décimo octava edición de la Festa da Ameixa acompañado por el presidente de la Agrupación de Parquistas, José Luis Villanueva, y por la concejala de Promoción Económica, Rosa Abuín. 
La representante del gobierno local quiso reiterar la decidida apuesta del Concello por una fiesta que considera "de referencia, la más importante" del municipio. En ese sentido, Abuín aseguró que, aún en tiempos de austeridad económica, la Festa da Ameixa de Carril seguirá manteniendo los mismos niveles de calidad que en años anteriores, así como los mismos precios de venta, que serán de 8 euros para la ración de almejas y de 7 para la botella de vino.
La concejala de Promoción Económica resaltó el valor de unos festejos que contribuyen a la promoción turística y económica del municipio y ayudan a "resaltar un producto estrella". 
Tanto el patrón mayor como el presidente de los parquistas de Carril animaron a vecinos y turistas a acercarse hasta la localidad el próximo fin de semana para disfrutar de un plato "que no tiene parangón".
Fernando Franco anunció que por el momento son doce las personas inscritas en el concurso de platos de almeja que se celebrará el sábado 21, y que cuenta con un tope máximo de cincuenta plazas disponibles. El patrón mayor animó a particulares y hosteleros a participar en un certamen que repartirá tres premios de 1000, 500 y 250 euros, y cuyos ganadores se anunciarán el domingo 22.
Las damas y caballeros de las fiestas de este año no se darán a conocer al menos hasta el miércoles, como viene siendo habitual en estas celebraciones.
Lo que sí comunicaron ya Abuín, Franco y Villanueva es el nombre del pregonero de la edición de este año: el televisivo Tomás Alonso, del programa gastronómico de la TVG Larpeiros.

Fuente: Faro de Vigo

 

XVIII FIESTA ALMEJA CARRIL 2010

XVIII FIESTA ALMEJA CARRIL 2010

XV CONCURSO DA AMEIXA COCIÑADA

XV CONCURSO DA AMEIXA COCIÑADA

1º PREMIO: AMEIXA GRANDE DE PRATA E 1000 €

2º PREMIO: AMEIXA MEDIANA DE PRATA E 500 €

3º PREMIO: AMEIXA PEQUENA DE PRATA E 250 €

 

PLAZO INSCRIPCIONS: 5 AGOSTO - 20 AGOSTO ( MAX.50 PARTICIPANTES)

TELF INCRIPCIONS: 986.50.74.38 ( Cofradía Pescadores Santiago Apóstol Carril)

XVII FESTA AMEIXA CARRIL 2009

XVII FESTA AMEIXA CARRIL 2009