O desplome na salinidade provoca as primeiras mortandades en parques e dispara as alarmas
Estes días todos en Carril están cun ollo na evolución da salinidade nos viveiros (que sufriu un brusco descenso) e outro nas previsións meteorolóxicas, que, coma sinala o patrón maior, Fernando Franco, “non son nada halagüeñas” . O descenso na salinidade xa provocou os primeiros casos de mortandade de ameixa babosa, a máis sensible, nalgúns parques do Bao, e as alarmas disparáronse entre os parquistas, que levaban uns días reparcando o bivalvo para intentar previr o que todos temen: Unha nova riada. Desde a Confraría de Carril, o seu patrón maior, Fernando Franco, recoñecía onte que a situación é preocupante: “Comezou a morrer babosa nalgunahs zonas e hai previsións de chuvias para estes días. Se vén unha riada imos perder a campaña de Nadal e de parte do 2010 porque nos morre toda a ameixa, grande, mediana e pequena”. Franco sinala que a zona máis sensible é a do Bao, a máis cercana á desembocadura do UIla, e onde se centran todas as miradas do sector. Se sigue chovendo e hai un desplome brusco da salinidade, sinala o patrón maior carrilexo, “xa non que vaia morrer só a babosa, e que se nos vai ir o berberecho e a xapónica”. Un escenario que non é descoñecido para os carrilexos, pero que non por iso deixa un estarrecemento no sector ante as inxentes perdas económicas que pode provocar unha riada. Non poucos parquistas están optando, ante o que poida acontecer nos vindeiros días, por sacar o marisco dos seus viveiros e vendelo. Unha opción que vale para a ameixa en tamaño comercial, pero non para aquel que, en cantidade importante a estas alturas do ano, é mediano ou pequeno. De aí que unha riada non só suporía perder a campaña de Nadal, senón tamén boa parte da do ano vindeiro, o 2010. Fuente: Diario de Arousa
0 comentarios