As mariscadoras de Carril sementan máis dun millón de unidades de ameixa na Compostela
A Agrupación de Marisqueo a Pé de Carril procedeu onte á súa primeira sementeira do ano, unha tarefa que levaron a cabo na praia de A Compostela, onde botaron en torno a un millón de unidades de ameixa .
A cría de xapónica, “co tamaño dunha lentella” como sinalaban desde a propia agrupación carrilexa, procedía da hatchery de Tinamenor, en Cantabria, unha pranta coa que traballa habitualmente boa parte do sector marisqueiro arousán, así coma os parquistas.
As unidades sementadas onte na autorización da Compostela acadarán o tamaño para a súa extracción comercial nun prazo de ano e medio, dous anos, segundo os cálculos das mariscadoras de Carril. En principio, desde este colectivo non se baralla realizar máis pedidos ao longo do presente exercicio.
Importe > A adquisión deste pedido dun millón de unidades de cría de ameixa foi afrontado económicamente coas achegas que anualmente fan as mariscadoras para esta finalidade, ademáis das axudas económicas que, para tal fin, establece a administración autonómica para os colectivos de marisqueo.
Neste sentido, as mariscadoras de Carril decidiron no seu momento crear un fondo, ao que cada socia da agrupación da pé aportaría 200 euros anuais, cantidade que en boa parte ten coma destino a compra de semente para os seus bancos.
Coa sembra de cría de xapónica, as profesionais da pé carrilexa garantizan unha base de recursos para vindeiras campañas.
Nas últimas semanas, diversos colectivos e entidades están a realizar sementeiras na Ría de Arousa e, en concreto, en Carril. Estas tarefas sufriron un lixeiro retraso este ano a respecto da súa época habitual por mor das consecuencias do mal tempo e os temporais.
A mediados do presente mes de abril, os parquistas de Carril procedeneron á sementeira de en torno a oito millóns de unidades de ameixa xapónica, froito dun pedido feito pola Agrupación de Parquistas de Carril á empresa de confianza coa que traballan, Tinamenor (Cantabria). Uns 60 propietarios de viveiros de cultivos de bivalvos foron os destinatariosdesta cría de xapónica para botala nos seus parques.
Desde a Agrupación de Parquistas de Carril sinalaban naquel entón que os pedidos de semente para este ano rondan os 60 millóns de unidades, unha cantidade que será servida polo proveedor de maneira progresiva.
“É unha cría con todos os permisos e garantías, e avalada por unha empresa seria”, remarcabandesde a Agrupación carrilexa.
Por outra parte, a lonxa de Carril facturou preto de 570.000 euros no primeiro trimestre deste ano, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao volume de negocio dos tres primeiros meses de 2009 (514.000 euros), segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca.
Entre xaneiro, febreiro e marzo, a rula carrilexa subastou máis de 93 toneladas de diferentes recursos, o que xerou uns ingresos por un total de 569.247 euros. A especie con maior peso económico neste primeiro trimestre de 2010 foi a ameixa xapónica, da que se subastaron 49.000 quilogramos, xerando unha facturación de 260.000 euros. A continuación figura a babosa, cun volume de negocio de case 160.000 euros, produto das vendas na rula de Carril de 11.051 quilos deste bivalvo. No que respecta ao berberecho, subastáronse máis de 26 toneladas, e a facturación por este produto foi de 85.000 euros.
Fuente: Diario de Arousa
0 comentarios