Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

ORDE do 10 de setembro de 2014 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 10 de setembro de 2014 pola que se acorda a denegación da prórroga e a extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254, do 23 de outubro), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de dez (10) anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 14 de febreiro de 1985 (DOG número 53, do 15 de marzo), outórgaselle concesión administrativa a Ramón Canto Soto para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.472 metros cadrados do dominio público, conforme o proxecto e os planos que van unidos ao expediente número 5.471.

Segundo. Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro. Aprobada a fase de revisión do citado proceso por Resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ao inicio da fase de reordenación, da cal xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca, e na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Segundo. Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou e que, de conformidade co disposto na letra a) do artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de vixencia, sen ter solicitado ou obtido prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denegar as prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 55 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254, do 23 de outubro) pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela número

Nome

Superficie m²

37

Gloria Sánchez Núñez

195

56

José Luis Abalo Gómez

128

74

Luis Soto Patiño

306

98

Lucas Martínez Canaval

128

167

Fernando Dios Teijeiro

61

178

Carolina Abelenda Baltar

85

207

Crespo, Rivas y Varela, S.L.

15

208

Laureano Nuez Linares

35

258

Rufino Maneiro Crespo

72

260

Rufino Maneiro Crespo

264

274

Carolina Abelenda Baltar

198

289

Carolina Abelenda Baltar

235

294

Manuel Bouzón Fernández

179

303

Elvira García Ramos

18

358

Rufino Maneiro Crespo

24

371

Rufino Maneiro Crespo

56

387

Rufino Maneiro Crespo

117

394

Juan P. Melón García

53

395

Josefa Escobar Mato

46

407

Rufino Maneiro Crespo

54

445

María Lourdes Castromán Olveira

45

450

Pablo González Portela

62

456

José Maneiro Melón

32

522

José Rey Maneiro

106

559

María Calvo Maneiro

262

583

Pilar Maneiro Conde

150

607

Antonio Búa Ramos

192

624

Wenceslao Vidal Lemiña

344

628

Francisco Caamaño Garaboa

133

693

Ramona Castromán López

75

695

Peregrina Antelo Romero

52

698

Agustina Rey Rey

100

718

Ernesto Barreiro Coira

117

725

José Mariño Romero

41

729

Rosina González Padrón

128

731

Josefa Berride Teijeiro

138

732

Fernando Dios Teijeiro

96

733

Agustín Iglesias Rey

118

762

Juan Castromán López

282

773

Francisco Castromán López

764

780

Domingo Moledo Cancelo

244

803

José María Maneiro Gómez

300

826

José Luis Castaño Castro

182

882

Bernardo Meijide Abuín

53

894

Manuel Veiga Añón

29

Orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación do 14 de febreiro de 1985 (DOG número 53, do 15 de marzo), pola que se aproba a instalación dun parque de cultivo de ameixa e berberecho que se situará no lugar da Fangueira, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, solicitado por Ramón Canto Soto.

Parcela número

Nome

Superficie m²

5471

Ramón Canto Soto

1.472

 

0 comentarios