Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

ABANCA comprométese coa viabilidade da pesca e do marisqueo en Carril

ABANCA comprométese coa viabilidade da pesca e do marisqueo en Carril


  • A entidade financeira asina dous convenios de colaboración coa Agrupación de Produtores de Parques de Cultivo de Carril e coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril 
  • O banco activa opcións para financiar a compra da semente da ameixa e para facer fronte aos gastos propios da campaña ou á falta de actividade
  • ABANCA impulsa con este acordo a mellora competitiva do sector pesqueiro en Galicia

29.09.2017. ABANCA reforza a súa vinculación co mundo do mar en Arousa, despois de asinar esta mañá dous convenios de colaboración coa Agrupación de Produtores de Parques de Cultivo de Carril e coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril. A entidade financeira dá resposta con esta oferta financeira á maior parte das demandas do colectivo destes profesionais da pesca e do marisqueo.

O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Santiago Apóstolo de Carril e presidente da Agrupación de Produtores de Parques de Cultivo de Carril, José Luis Villanueva, e o director de zona de ABANCA en Arousa/Salnés, Víctor Vázquez, rubricaron hoxe un acordo que contén opcións de crédito para un sector clave no tecido produtivo da comarca e da comunidade.

O convenio permite aos mariñeiros e mariscadores de Carril, que estean integrados nalgunha das dúas agrupacións, afrontar problemas habituais do sector como a estacionalidade, a alta mortaldade ou a falta de capturas. Para iso, a entidade financeira galega habilita desde este momento unha póliza de crédito específica con xuros moi baixos e sen comisións pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos do colectivo. No caso dos produtores dos parques de cultivo, ABANCA incorpora un produto específico para facilitar o financiamento da compra da semente.

De maneira conxunta, os pescadores e mariscadores accederán á oferta específica de ABANCA para o sector pesqueiro. Un completo catálogo que inclúe préstamos persoais sen xuros ou comisións con amplos prazos de amortización para aprazaren o pago de impostos, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou desconto comercial. Tamén optan ao Plan Activamos asinado coa Deputación de Pontevedra ou aos programas oficiais de crédito co Igape, ICO e a sociedade de garantía recíproca Sogarpo.

A entidade financeira mantén unha estreita colaboración con numerosas confrarías de Galicia e con organizacións pesqueiras e de mariscadores. O lanzamento da súa unidade especializada ABANCA Mar hai xusto un ano é a resposta para un sector

estratéxico na economía das comarcas costeiras e para o conxunto da comunidade autónoma.

0 comentarios