ANUNCIO do 24 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no outorgamento de concesións de actividade para a explotación de parques de cultivos mariños no Carril, Vilagarcía de Arousa
VI. ANUNCIOS
A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DO MAR
ANUNCIO do 24 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no outorgamento de concesións de actividade para a explotación de parques de cultivos mariños no Carril, Vilagarcía de Arousa.
Mediante resolucións do 29 de marzo de 2019, da Consellería do Mar, outorgáronse 1.093 concesións de actividade para a explotación doutros tantos parques de cultivos mariños no Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo as concesións de actividade para a explotación dos parques de cultivos mariños que se indican, logo de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para ter coñecemento íntegro da resolución que se lle notifica nas dependencias da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, con enderezo na rúa do Valiño, 63 baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada compareza, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019
Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
ANEXO
Titular | NIF | Código/s parque/s |
Alonso Touriño, Miguel Ángel | ***5695** | 293-- |
Aragunde Baulo, María Salomé | ***6219** | 755-D-5408 |
Barral Núñez, María | ***4621** | 852-- |
Buján Quintela, Santiago | ***6703** | 60--, 61--, 63-- e 80-- |
Carro Santorun, Rafael | ***6764** | 440--, 534 e 535 |
Charlín Charlín, Manuel Francisco | ***3642** | 636--, 909 e 910 |
Costa Vázquez, Rita María | ***7051** | 673-D-10136 |
Davila Crespo, Jorge | ***5834** | 525-B- |
Dios Vidal, Juan Francisco | ***1717** | 635-- |
Doval Irago, Guadalupe | ***5728** | 544-E- |
Falcón Vázquez, Rogelio | ***4692** | 776-- |
Feijoo Vázquez, María Carmen | ***4198** | 691-- |
Ferreirós Cabaleiro, David | ***8753** | 67-- e 78 |
López Veloso, Margarita | ***5222** | 79-- e 685-- |
Maneiro Fresco, Ricardo | ***5553** | 933-- e 934 |
Martínez Cortegoso, Lucía | ***5461** | 835-- e 835--5518 |
Martínez Giráldez, Sara | ***1397** | 895-- |
Meijide Treviño, María José | ***5539** | 830--, 832, 870, 872 e 915 |
Otero Cardalda, Antonio | ***8804** | 613-- |
Otero Cardalda, José | ***8804** | 611-- |
Otero Castro, Nicolás | ***7427** | 689--, 752-A- e 1104--9054 |
Otero Maneiro, Álvaro | ***7698** | 448--, 494--, 498--, 506--, 511--, 532--, 538-- e 539-- |
Otero Pérez, María Dolores | ***5465** | 593-- |
Pérez Piñeiro, Nuria | ***7588** | 766-- |
Rivas Abal, María José | ***7703** | 925-- |
Rivas Portas, Antonio | ***6219** | 697-- |
Rosales Fernández, Sergio | ***6233** | 242-- |
Somoza Costa, Eva | ***8099** | 616-- |
Torrado González, María del Carmen | ***6617** | 60--, 61--, 63-- e 80-- |
Fuente:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190708/AnuncioG0427-250619-0001_gl.html
0 comentarios