Blogia
AGRUPACIÓN PARQUISTAS DE CARRIL

No día de hoxe o ente público procederá ao baldeo exterior con lixivia diluída das fachadas e contornas das lonxas de Carril (Vilagarcía)

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procederá ao longo do día de hoxe á hixienización de edificios das lonxas na comarca de Arousa como medida de prevención e reforzo da salubridade ante o COVID-19. Esta medida está a ser aplicada nas lonxas con maior actividade das tres provincias costeiras logo de ser consensuada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, cos presidentes das federacións provinciais de confrarías de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

No día de hoxe o ente público procederá ao baldeo exterior con lixivia diluída das fachadas e contornas das lonxas de Carril (Vilagarcía), Vilaxoán, Vilanova e O Xufre (A Illa de Arousa) para minimizar o risco de propagación do virus nestas instalacións. Deste xeito, preténdense maximizar as medidas de seguridade dos traballadores portuarios que continúan a desenvolver actividades esenciais, como o subministro de produtos de alimentación.

Portos de Galicia está a realizar estas tarefas de xeito periódico desde o inicio da crise sanitaria en coordinación coas confrarías que así o solicitan e continuará a desenvolvelas nas vindeiras semanas. No caso da provincia de Pontevedra, xa foron hixienizadas tamén as contornas das lonxas do Grove, Bueu e Cambados.

Fuente:xunta.gal

0 comentarios