Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2010.

As lonxas arousáns facturaron neste primeiro cuadrimestre preto de 23 millóns de euros

20100503103104-1.jpg

No primeiro cuadrimestre de 2010, as lonxas da Ría de Arousa facturaron preto de 23 millóns de euros, o que supón algo máis do 17 por cento do volume total de negocio xerado nese periodo polo conxunto das salas de subastas galegas. Unha cifra que mostra o músculo económico que a comarca arousá ten no sector do mar de Galicia.

Entre xaneiro e abril as once salas de subastas da Rúa venderon máis de 11.103.552 de quilogramos de diferentes produtos, d epeixes a bivalvos, pasando por cefalópodos, crustáceos ou equinodermos. Elo xerou un volume de negoio, segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca, de 22.705.000 euros, unha cifra inferior, nun millón de euros, á obtida polas rulas no primeiro cadrimestre de 2009.

Por lonxas, a de Santa Uxía de Riveira acumula a gran maioría das subastas (9.501.000 quilos) e do diñeiro que xera (12.691.000 euros) esta actividade na Ría de Arousa.

A rula do Grove acada o segundo posto nestes primeiros catro meses de 2010, ao obter unha facturación de 2.254.700 euros, procedenets da venda de preto de 310 toneladas de diferentes produtos.

Pola súa parte, Cambados rexistrou entre xaneiro e abril un volume de negocio nese periodo de case dous millóns de euros, a lonxa da Illa de Arousa superou o 1.600.000 euros e a sala de Rianxo rondou o millón de facturación.

Por baixo desa barreira dos seis ceros sitúanse o resto das rulas arousáns: Carril (820.000 euros), Vilanova (726.000), Aguiño (635.000 euros), Cabo de Cruz (preto de 600.000 euros de volume de negocio), e, pechando a lista, Vilaxoán, con aproximadamente 150.000 euros.

 

Categorías> En canto ás categorías de recursos a subastar, a principal en facturación e a dos peixes (11.355.000 euros), seguida dos bivalvos (8.200.000 euros), os cefalópodos (1.623.000), crustáceos (1.133.000 euros)e equinodermos (rozando os 400.000 euros).

Entre xaneiro e decembro de 2009, as lonxas das comarcas do Salnés e Barbanza rexistraron un volume de negocio de máis de 83 millóns de euros, unha cifra que por si soa amosa o peso da economía derivada do marisqueo e a pesca na comarca arousán.

Nos primeiros catro meses de 2010, e cos 23 millóns facturados, as lonxas arousáns xa levan feito unha terceira parte do global do ano pasado.

Neses doce meses de 2009 subastáronse nas salas arousáns en torno a 46.000 toneladas de diferentes especies, con especial presencia das comprendidas no grupo de mariscos bivalvos e peixes, anque tamén crustáceos e cefalópodos tiveron un peso importante.

Ao longo do 2009, asemade, os axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería de Mar mantiveron os operativos de loita contra o furtivismo e as capturas ilegais de recursos mariños. A base de Gardacostas de Vilaxoán incautou no 2009 máis de 2.600 bens e aparellos, boa parte deles en actuacións e operativos desenvolvidos contra o furtivismo. E decomisou preto de tonelada e media de diferentes recursos. Na base de Gardacostas de Riveira teríanse, nese ano, incautado en torno a tres mil bens e aparellos, ademáis de procederse ao decomiso de tres toneladas de recursos.

Fuente: Diario de Arousa

03/05/2010 10:31 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Os parquistas impulsan un centro de control que garanta a trazabilidade da súa ameixa

20100506095806-108.jpg

A Agrupación de Parquistas de Carril traballa nun proxecto para certificar a calidade e a trazabilidade do produto dos viveiros, unha iniciativa coa que se pretende prantar cara ante o abundante “gato por lebre” que hai nos mercados con respecto á ameixa de Carril.

O presidente desta agrupación, José Luis Villanueva, resumiu a intención deste proxecto: “Queremos poñer en marcha un centro de control nos parques que se encargue de controlar que a semente que chega aos viveiros sexa de calidade, certificada e totalmente identificada. E, así mesmo, que a produción que saia de aquí teña trazabilidade que garanta a súa orixe”.

Unha iniciativa ambiciosa e importante, recoñece Villanueva, que está en elaboración e da que xa foron informados representantes da administración autonómica polo propio colectivo de parquistas carrilexo.

A Agrupación ten claro que este centro de control suporía unha ventaxe para este sector, que da emprego a unhas 600 familias. “Non só dotaría de valor engadido ao noso produto, algo moi importante ante o mercado, senón que, o que é máis importante, o consumidor tería a garantía total de que o que ten nas mans é ameixa de Carril”.

Para José Luis Villanueva “non pode ser que atopemos por todos os lados á venda ameixa que se vende coma se fose de carril, cando non é tal”, o que considera un fraude ao consumidor.

Os parquistas ven a posta en marcha deste sistema de control e de trazabilidade coma un proxecto viable e positivo. Conscientes de que a “ameixa de Carril” é unha “marca” con enorme prestixio e coñecemento no mercado español, saben que non poden permitir que se siga a vender como tal un produto que non é cultivado nas augas dos viveiros carrilexos.

 

Compromiso > Os parquistas carrilexos ven na sementeira de cría nos viveiros o primeiro paso a controlar, na liña de garantir que esa semente reúne condicións de calidade e garantía.

Os parquistas de Carril realizaron a mediados de abril a súa primeira sementeira de cría de ameixa do ano, unha tarefa que neste exercicio se desenvolveu un pouco máis tarde do habitual, debido aos temporais e mal tempo que presideu a Ría de Arousa nas últimas semanas.

Un pedido de en torno ás oito millóns de unidades de ameixa xapónica, feito pola Agrupación de Parquistas de Carril á empresa de confianza coa que traballan, Tinamenor (Cantabria), foi servida o 13 de abril a uns 60 propietarios de viveiros de cultivos de bivalvos, que procederon á súa posterior sementeira.

Desde este colectivo, o seu presidente, José Luis Villanueva, incidía nese día en que esta semente de ameixa xapónica tiña “toda a garantía e calidade” necesarias, procedendo, asemade, dun suministrador de confianza e co que nunca se rexistrou problema algún. Un dato a ter en conta nun mercado, como o da cría de ameixa, onde o “gato por lebre” ao consumidor non é estrano. Algo que, remarcan desde a agrupación, non acontece nos parquistas carrilexos, que avogan por ofrecer o mellor produto.

As crías de xapónica sementadas onte teñen entre 9 e 11 milímetros de tamaño, e terán que pasar preto de dous anos ata que acaden a súa talla comercial. Daquela, este produto (engordado na riqueza das augas de Carril) terá o sabor e o recoñecemento característico.

Desde a Agrupación de Parquistas de Carril sinalan que os pedidos de semente para este ano en curso rondan os 60 millóns de unidades de ameixa.


Fuente: Diario de Arousa

06/05/2010 09:58 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Los biólogos detectan nuevas bacterias que podrían causar la mortandad de las almejas

20100511094559-1.jpg

Un grupo de investigadores de la Facultad de Biología de la Universidade de Santiago de Compostela ha descubierto la existencia de nuevas especies de bacterias, que en algunos casos podrían tener relación con la mortandad del marisco. 
Éste es el resultado de un trabajo que inició hace tres años un equipo de seis biólogos de la Universidad compostelana con el apoyo del Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón (Vilanova) y de varias cofradías gallegas, entre ellas la de Carril, en Vilagarcía.
Los investigadores están especializados en las patologías que afectan a la acuicultura, y tras el análisis de las muestras de almeja que les remitieron desde las cofradías identificaron varios tipos de bacterias presentes en las mismas. 
Unas de estas bacterias son denominadas por los científicos “tipo Rickettsia”, y se trata de organismos intracelulares, pues viven dentro de las células de los animales que infectan. Los expertos consideran que podrían ser uno de los factores que causan la mortandad del marisco.
Además, este tipo de bacterias puede estar presente en un número muy elevado de almejas, puesto que los investigadores llegaron a ver muestras en las que el cincuenta por ciento de este molusco bivalvo portaba la bacteria Rickettsia. 
El coordinador del proyecto es el profesor Jesús López Romalde, y explica que en la actualidad es difícil determinar a ciencia cierta qué porcentaje de la mortandad de almeja fue provocado por el microorganismo.
Esto es así porque cuando los mariscadores encuentran los ejemplares muertos, a menudo quedan tan sólo las conchas, con lo que es imposible hacer analíticas de la vianda. Pese a todo, los investigadores entienden que “existe una cierta evidencia de una menor productividad en los bancos marisqueros afectados por este tipo de bacterias”.

Una especie desconocida

Es la primera vez que se realiza en Galicia un estudio en profundidad sobre este tipo de organismos intracelulares capaces de infectar las almejas, y para ello los biólogos reciben muestras de almeja fina y japónica cedidas por los pósitos gallegos.
Los biólogos realizaron un análisis genético de la bacteria tipo Rickettsia, y ahora tratan de aislarla en laboratorio, ya que en la actualidad todavía no es posible cultivar células de almeja in vitro. Según las primeras hipótesis, las bacterias detectadas hasta ahora podrían pertenecer a una especie de Rickettsia diferente a las conocidas hasta el momento, con lo que se trataría de una variante que afectaría sólo a la almeja y no a los demás moluscos.
La finalidad de esta investigación es determinar en qué grado afectan estos organismos microscópicos a la vida de la almeja. De ese modo, en un futuro se podrían diseñar estrategias para evitar que se extienda la infección entre las poblaciones de almeja gallega.

Cuidado con las resiembras

Los responsables de este proyecto todavía tienen un largo camino por recorrer. Una de las incógnitas que a día de hoy todavía no se puede despejar es por qué se producen “plagas” de la bacteria tipo Rickettsia. A este respecto, Jesús López Romalde opina que es probable que se deba a una conjunción de varios factores, tanto ambientales como relacionados con la acción humana.
Tampoco resulta fácil plantear las medidas que podrían aplicarse para controlar estas enfermedades. López Romalde indica que eso sería relativamente viable en una instalación cerrada, “donde es posible hacer un tratamiento del agua, controlar la calidad del alimento que se le da a los moluscos o la densidad del cultivo en los tanques, entre otros muchos aspectos, pero en el medio natural este control no es posible”.
No obstante, los investigadores sugieren una serie de medidas que se cree que podrían ser beneficiosas para evitar la proliferación de esta bacteria. El profesor que coordina el proyecto admite que, en algunos casos, se trata de acciones que van en contra del rendimiento a corto plazo de los bancos marisqueros y de los viveros de cultivo.
Así, López Romalde apunta en primer lugar a un mayor control sobre las poblaciones de almeja, y sugiere a los profesionales que eviten las resiembras excesivas, para reducir la densidad de marisco presente en los bancos. Otra propuesta de los investigadores pasa por ser muy cautelosos con los traslados de marisco de unas zonas a otras. 
A este respecto, López Romalde explica que si se traslada almeja de una zona donde la mortandad es elevada a otra donde no se detecta tanta, es probable que al final los niveles de muerte del marisco se parezcan mucho en las dos playas.


Fuente: Faro de Vigo

11/05/2010 09:45 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Os parquistas advirten que farán a revisión dos viveiros pola súa conta se Mar non move ficha

20100511095226-109.jpg

Á Agrupación de Parquistas de Carril estáselle a agotar a paciencia. Tras case 20 anos de proceso de revisión dos viveiros de cultivos, “e cando parecía que estabamos na recta final para solucionar a situación”, en palabras do presidente deste colectivo, José Luis Villanueva; a parálise da administración está a xerar un gran descontento entre os propietarios das concesións administrativas.

De feito, desde a propia Agrupación afirmábase esta semana que “se isto continúa así, asumiremos nós mesmos pola nosa conta o proceso de revisión dos parques”. Unha proposta “que de manterse esta parálise por parte da administración teremos que calibrar seriamente na xunta directiva da agrupación e pedir para esa revisión a colaboración de Costas del Estado”.

Villanueva lembra que a última xuntanza da comisión de revisión dos parques de Carril (conformada por agrupación, Confraría e Xunta) celebrouse en setembro de 2002. “Estamos a falar dun sector, os parques, no que traballan 600 familias, e a algúns parece que pouco lles importa que estemos sen completar un proceso que é importante”, indicou o presidente da Agrupación.

Villanueva, que recoñece “estar defraudado coa actitude das administración nestes anos”, califica de “vergoña” o que está a acontencer (ou máis ben, non acontece) coa revisión dos parques.

“Temos pedido por activa e pasiva que se encare xa a recta final da revisión, que só quedan un 30% dos parques por pasala, e mesmo adquirimos un equipo profesional para proceder a facer as medicións e traballos, pero nada”, lamenta Villanueva,

Desde este colectivo lémbrase que “temos que pagar un canon de ocupación polos parques, e é xusto que teñamos que pagar polos metros que explotamos. Pero sen revisión iso non é posible”.

 

Compromiso > O presidente da Agrupación de Parquistas de Carril, José Luis Villanueva, asegura que “cónstanos que por parte de Costas hai unha disposición total” para proseguir co proceso de reordenación dos parques de cultivo.

Por iso queren que desde a administración autonómica tamén se asuman responsabilidades e se poñan “mans á obra” para finalizar un proceso que mantén en vilo a un número importante de propietarios de viveiros.

Desde este sector lémbrase que supoñen un importante motor económico e laboral en Carril e no seu entorno.

Neste sentido, a lonxa de Carril facturou preto de 570.000 euros no primeiro trimestre deste ano, o que supón un incremento con respecto ao volume de negocio dos tres primeiros meses de 2009 (514.000 euros), segundo os datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca.

Fuente: Diario de Arousa

11/05/2010 09:52 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

La almeja y el berberecho aguantan su cotización en lonja con respecto al comienzo del año

20100512094330-1.jpg

Las mariscadoras arousanas siguen sin poder echar las campanas al vuelo en cuanto a los precios de los bivalvos extraídos se refiere. Actualmente hay abundancia de almejas y escasez de berberecho pero en términos absolutos, los márgenes de variación con respecto a los tres primeros meses del año tampoco son demasiado significativos, salvo alguna que otra excepción focalizada.

Tras un comienzo de año «horrible», como habían apuntando muchos profesionales del sector, el mercado sigue poco a poco subiendo los peldaños de la recuperación paulatina. En todas las lonjas de la zona sur de la ría de Arousa se ha ido percibiendo un aumento en la media de las transacciones registradas. Sirva como ejemplo la almeja japónica, que se factura a 5,81 euros de media en A Illa (desde los 3,95 a los 8,20 euros por kilo), mientras el balance del primer trimestre de 2010 quedó establecido en los 5,72 euros por kilo.

En Cambados el 6,58 con el que se resumen los tres primeros meses, asciende en mayo hasta el 7,43 euros por kilo de media mientras que en Carril la estadística sitúa en los 5,16 euros por kilo la constante desde principios de enero. Eso sí, en esta demarcación se llegó a pagar el máximo en lonja por kilo (9,45 euros). Del resto, en O Grove se ha bajado de los 7,31 de enero a abril a los 7,25 euros por kilo de lo que va de mayo; en Vilanova, de los 6,22 se ha subido a los 6,94 y en Vilaxoán, de los 6,22 a lo 6,77 euros por kilo en lonja.

En cuanto a la almeja fina también se ha detectado una subida en estos primeros compases del mes de mayo. De los 17,67 euros de media conocida se ha pasado a los 21,17 euros en A Illa. En Cambados, de los 15,73 euros, han subido a los 18,88 euros por kilo. En Carril, de 14,12 euros a 18. En O Grove el margen ha sido inferior (18,81 a 19,83 euros). En Vilanova, de 16,32 a 23,83 euros y en Vilaxoán, de 18,75 a 20,57 euros.

La almeja babosa ha sido la que quizás se ha comportado más irregularmente. En A Illa se cotizaba de media hasta abril a 11,14 euros y ahora a 9,16 euros. En Cambados subió de 12,25 a 14,57 euros, al igual que en Carril (de los 9,38 a los 10,45 euros). En la lonja meca también bajó de 10,70 a 8,63 euros. En Vilanova se incrementó desde los 11,49 a los 14,73 euros y en Vilaxoán se mantiene a 10,50 euros por kilo.

Finalmente, el precio del berberecho subió de 2,41 euros a los 2,72 euros de mayo en A Illa. De los 3,43 a los 5,37 euros en Cambados. En Carril, de 3,53 a 5,14. En Vilanova de 2,81 a 4,66 y en Vilaxoán de 6,03 a 7,83 euros.

Fuente: La Voz de Galicia

12/05/2010 09:43 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

José Luis Villanueva: «Necesítase un centro de control que asegure a nosa calidade e trazabilidade»

20100512100454-jose-luis.jpg

 

En el seno de la agrupación de parquistas de Carril tienen claro que para mirar al futuro con tranquilidad es preciso tomar medidas que aseguren la calidad del marisco extraído en el vivero con mayor renombre de toda la comarca y que una vez cogido se pueda asegurar la competitividad en el mercado, tanto local como nacional.

José Luis Villanueva, el presidente de este colectivo, advierte que «as ameixas de Carril están ben dentro do que cabe, porque este é un ano raro. Están a morrer moitísimas e o peor é que semella que xa chove sobre mollado».

Hace apenas dos semanas se comenzó con el proceso de siembra de la semilla en la zona, lo que será el marisco del día de mañana, al que conviene cuidar con mimo. Con esta labor se encuentran en Carril los parquistas. Su cabeza visible insiste en que el proyecto que realmente hace falta llevar a cabo ahora mismo es el de instaurar en la zona un gran centro de control. «Necesítase un servizo así que asegure a nosa calidade e a trazabilidade».

Pero el propio presidente de los parquistas advierte que «o primeiro paso terá que ser a reordenación do litoral». La Xunta de Galicia lleva meses trabajando en esta labor. La recuperación de las zonas improductivas en toda la costa implica el arduo trabajo de técnicos, biólogos y mariscadores de los diferentes parques, para que de forma conjunta, establezcan un nuevo mapa de zonas susceptibles de reconvertirlas en focos de producción.

Una vez que se logre ese plan, será el momento idóneo para apostar por ese demandado centro de control. Villanueva pretende que con esa estación «se poida controlar dende a semente ás cantidades e calidades do produto».

Sin duda, en el seno de la agrupación de parquistas se moldea la idea de una apuesta decidida «porque todos os que traballan aquí teñan toda a documentación e os papeis en regra e nunca máis se volva a falar disto», como advierte su presidente.

El objetivo final de esta idea es que «se queres comer ameixa de Carril en calquer sitio, que teñas a seguridade de que efectivamente é de Carril».

Mortandad

La última vez que se habló de la mortandad de la almeja de Carril con fuerza fue cuando se produjo la reciente reunión con respecto a la construcción de puente del AVE. Se dijo por aquel entonces que habría contacto fluido y controles para verificar que este proceso sigue sin afectar a la salud de las almejas. A día de hoy no se ha vuelto a celebrar ninguna reunión. Los parquistas de Carril siguen pendientes de sus extracciones, aunque no hay empeoramiento.

Fuente: La Voz de Galicia

 

12/05/2010 10:04 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

A lonxa de Carril facturou no primeiro cuadrimestre máis de 830.000 euros

20100518101126-1.jpg

A lonxa de Carril facturou no primeiro cuadrimestre de 2010 máis de 831.000 euros, un volume de negocio que representa un incremento de case o 1 por cento con respecto ao mesmo periodo do ano anterior.

Este aumento pode semellar pequeno, pero é significativo se se ten en conta que entre xaneiro e abril deste ano a maioría das rulas da Ría de Arousa rexistraron descensos na facturación polas vendas na rula.

A ameixa xapçonica é o recurso con maior peso económico na lonxa de Vilaxoán, pois pola subasta das 63 toneladas deste recurso ingresáronse máis de 327.000 euros.

A segunda especie en importancia económica é o berberecho, con 211,150 euros facturados, procedentes da venda na sala de substas de algo máis de 60.000 quilogramos deste recurso.

De ameixa fina vendéronse case 15 toneladas, xerando un volume de negocio de máis de 210.000 euros, nunha espexcie que acadou un máximo de prezo de 31 euros, e un mñinimo de 4,35 euros o quilogramo. A fina é un dos recursos que mellore ndemento económico teñen en lonxa

Pola subasta de ameixa babosa, a lonxa de Vilaxoán facturou preto de 81.000 euros. Deste recurso subastáronse 8.600 quilogramos entre xaneiro e abril na rula carrilexa.

O resto dos recursos subastados teñen unha rpesenza moito menor. Así, a navalla só xerou neste cuadrimestre 738 euros, pois só se subastaron 95 quilogramos deste recurso.

Fuente: Diario de Arousa

18/05/2010 10:11 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Comisan en Andalucía unha partida que amparaba marisco foráneo baixo o nome de ameixa de Carril

20100519100832-1.jpg

Inspectores da Junta de Andalucía interpectaron na mañán de onte nesta comunidade autónoma un camión cunha partida que, baixo o nome de “ameixa de Carril”, transportaría unha importante cantidade de bivalvo que non tiña nada que ver coa localidade arousá, indicando algunhas fontes incluso, que ese marisco podería ser estranxeiro.

Representantes da Junta, tras interceptar a partida, puxéronse en contacto coa Agrupación de Parquistas de Carril para preguntarlles pola ameixa que transportaba o camión, e que viría remitido co garante dunha depuradora da zona arousán. Fontes do colectivo de propietarios de viveiros carrilexos sinalan que, a tenor dos datos ofrecidos polos inspectores das Junta de Andalucía, quedaba ben claro que ese marisco non procedía de Carril.

“Ao parecer levaba unha importante cantidade de ameixa fina catalogada coma produto de Carril. E, polos datos que nos deron e que parece ser que figuraban na documentación, nada tiña que ver nin cos viveiros nin con Carril”, indican fontes do colectivo carrilexo.

É máis, diversas fontes, sinalan que aos inspectores da Junta de Andalucía extrañoulles e sorprendeulles certos datos “ben confusos” da documentación, “que espertaron as súas sospeitas”. Neste sentido, e sempre segundo estas personas, mesmo aparecía coma nome de contacto na documentación da partida un rapaz de 19 anos que, indican, “non ten nada que ver con este sector”.

En círculos dos parquistas non se extrañan de que se den este tipo de situacións, reiterando o seu “cansanzo” de que a ameixa co nome de Carril esté presente en múltiples mercados amparando un produto que non é tal.

Neste sentido, lembraban na xornada de onte os propietarios de viveiros, a garantía da calidade e trazabilidade dos bivalvos cultivados nos parques de Carril é un dos compromisos do colectivo, que aposta por poñer fin a situacións como a vivida onte en Andalucía.

 

Centro de control > A Agrupación de Parquistas de Carril traballa desde hai meses nun proxecto para certificar a calidade e a trazabilidade do produto dos viveiros, unha iniciativa coa que se pretende prantar cara ante o abundante “gato por lebre” que hai nos mercados con respecto á ameixa de Carril.

O presidente desta agrupación, José Luis Villanueva, resumiu a intención deste proxecto hai uns días ao sinalar: “Queremos poñer en marcha un centro de control nos parques que se encargue de controlar que a semente que chega aos viveiros sexa de calidade, certificada e totalmente identificada”.

E, así mesmo, que a produción que saia de aquí teña trazabilidade que garanta a súa orixe”. Unha iniciativa ambiciosa e importante, recoñecía José Luis Villanueva, que está en elaboración e da que xa foron informados representantes da administración autonómica polo propio colectivo de parquistas carrilexo.

A Agrupación carrilexa sinalaba ter claro que este centro de control suporía unha ventaxe moi considerable e significativa para este sector, que da emprego a unhas 600 familias.

“Non só dotaría de valor engadido ao noso produto, algo moi importante ante o mercado, senón que, o que é máis importante, o consumidor tería a garantía total de que o que ten nas mans é ameixa de Carril”, afirmaban desde o colectivo.

Para Villanueva “non pode ser que atopemos por todos os lados á venda ameixa que se vende coma se fose de Carril, cando non é tal”, o que considera un fraude ao consumidor. Os parquistas ven a posta en marcha deste sistema de control e de trazabilidade coma un proxecto viable e positivo.

Fuente: Diario de Arousa

19/05/2010 10:08 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Los parquistas de Carril niegan que se esté extrayendo arena de ninguna playa

20100520124440-1.jpg

 

La asociación de parquistas quiso cerrar ayer definitivamente la polémica sobre el episodio de extracción de arena en la playa de A Covacha, en Carril, acontecido supuestamente el domingo. Tras informarse en persona de lo ocurrido, el presidente del colectivo, José Luis Villanueva, negó taxativamente que se tratase de un capítulo de sustracción de áridos para rellenar un vivero: «Nós somos os primeiros en advertir aos nosos asociados que nunca deben recorrer a area da praia, e se fose certo recoñeceriámolo, pero neste caso nada de todo iso é verdade», explica Villanueva, quien asegura que lo que ha pasado es todo lo contrario: «É totalmente ao revés, o home que traballaba estaba baleirando o seu parque, improdutivo polo amoreamento de area».

El portavoz de los parquistas apunta que la propia normativa exige a los concesionarios que mantengan sus parcelas en perfecto estado de productividad. «De non ser así -añade- a lexislación indica que se abrirá un expediente de caducidade da concesión, incluso dunha parte dela se é significativa e non se atopa en condicións de producir marisco».

El vivero objeto de polémica se encontraba, confirma Villanueva, repleto de arena por la acción acumulativa de las mareas. «Esta é a razón pola que o parquista estaba traballando, o que facía era retirar o exceso de area para volver a facer produtivo o seu viveiro». El presidente del colectivo entiende que así lo reflejará el informe que elabora la Policía Local de Vilagarcía y que, por lo tanto, toda controversia se cerrará con él.

En cualquier caso, José Luis Villanueva quiere recordar, al hilo de lo ocurrido, que los parquistas fueron «os primeiros en colaborar no seu día co Servizo Provincial de Costas e co Concello de Vilagarcía para conseguir a rexeneración da praia de A Concha-Compostela e a creación do paseo marítimo entre o centro e Carril». «Fixémolo aínda con todas as molestias e todos os inconvintes que aquilo xerou durante tanto tempo», insiste el representante de la organización de cultivadores de almeja y berberecho. La suya, añade, es una actividad económica fundamental, que merece «ser respectada no canto de recibir falsedades e ataques sen ningún tipo de razón».

«Manter os parques produtivos é o noso deber e a nosa obriga legal», reitera Villanueva, quien afirma que la actuación del parquista nada tuvo que ver con la arena utilizada en la regeneración de la playa de A Covacha. Este material fue depositado por Costas hace dos años con la intención de que el arenal se recuperase de la pérdida de áridos generada por la acción del mar. En esta intervención se utilizó arena procedente exclusivamente del río Miño que en ningún caso, concluye el portavoz del colectivo, fue empleada después por sus asociados.

Fuente: La Voz de Galicia

 

20/05/2010 12:44 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Un total de 1.300 parques que dan de comer a 640 familias

José Luis Villanueva argumenta que, en demasiadas ocasiones, las instituciones y la sociedad vilagarciana ignoran la importancia que para la economía local guarda la actividad de los parquistas. Así, explica que en Carril funcionan actualmente cerca de 1.300 viveros, gestionados por unas 640 familias que encuentran en ellos su principal fuente de sustento. «Temos en Carril o 90% dos parques de toda Galicia, e somos un exemplo para todo o país, tanto de xestión como de aproveitamento de recursos», reivindica el presidente de la asociación.

Fuente: Diario de Arousa

20/05/2010 12:52 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.

Os parquistas alertan de que partidas como a decomisada en Andalucía “non son algo aillado”

20100521081559-p003genn01-1.jpg

A Agrupación de Parquistas denunciou que feitos como o acontecido esta semana en Andalucía, co decomiso nesa comunidade española da partida que un camión transportaba baixo o nome de ameixa de Carril e que amparaba marisco foráneo, “non son algo aillado, senón que é un problema que sofrimos desde hai tempo e en moitos lugares”, en palabras do presidente do colectivo carrilexo, José Luis Villanueva.

Para este sector, que da emprego a centos de persoas, este tipo de sucesos só acabarán cando a ameixa de Carril poida ser debidamente certificada como tal. Un obxectivo, por certo, que Villanueva lembra que “desde a agrupación levamos anos intentando desenvolver”.

Neste sentido, o presidente dos parquistas sinala que a Agrupación traballa desde hai tempo nun proxecto para certificar a calidade e a trazabilidade do produto dos viveiros, unha iniciativa coa que se pretende prantar cara ante o abundante “gato por lebre” que hai nos mercados con respecto á ameixa de Carril.

Villanueva, resumía hai uns días a intención deste importante proxecto: “Queremos poñer en marcha un centro de control nos parques que se encargue de controlar que a semente que chega aos viveiros sexa de calidade, certificada e totalmente identificada. E, así mesmo, que a produción que saia de aquí teña trazabilidade que garanta a súa orixe”.

Unha iniciativa ambiciosa e importante, recoñece Villanueva, está en fase de elaboración e da que xa foron informados representantes da administración autonómica polo propio colectivo de parquistas carrilexo.

A Agrupación ten claro que este centro de control suporía unha ventaxe moi importante para o sector: “Non só dotaría de valor engadido ao noso produto, algo moi importante ante o mercado, senón que, o que é máis importante, o consumidor tería a garantía total de que o que ten nas mans é ameixa de Carril”.

Para José Luis Villanueva “non pode ser que atopemos por todos os lados á venda ameixa que se vende coma se fose de Carril, cando non é tal”, o que considera un fraude ao consumidor.

Os parquistas ven a posta en marcha deste sistema de control e de trazabilidade coma un proxecto que é viable e positivo. Conscientes de que a “ameixa de Carril” é unha “marca” con enorme prestixio, traballan para que nos nmercados esta identificación se corresponda ao produto real.





Fuente: Diario de Arousa

21/05/2010 08:15 agrupocarril #. ARTICULOS No hay comentarios. Comentar.